BESTEIRO VE “CON MOITA ALARMA” O DESCONTROL QUE O CONSELLO DE CONTAS ESTÁ DETECTANDO NA CONTABILIDADE DO SERGAS

Información
07 Mayo 2024 - En Portada - 583 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

María del Mar asesora de Feijóo ordenó fulminar al Pte Cosello de Contas  tras informar contratos verbales mascarillas y coloca en su sitio Ex-Fiscal  Jefe.

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa que lidera a nivel nacional o sector da maquinaria agrícola de roza dende o concello de Tordoia. - Alfonso Rueda "blindó las investigaciones de las mascarillas" nombrando al ex fiscal jefe de Pontevedra responsable del Consello de Contas.  Alfonso Rueda con un comunicado pretender dar leccións de contabilidade pública ao Consellod e Cosntas de Galicia tratando de desmentir o informe feito público..1*

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, expresou hoxe a súa preocupación “polo que está detectando o Consello de Contas sobre a contabilidade do Sergas”. Foi durante unha visita a Tordoia, desde onde asegurou que os socialistas ven “con moita alarma” o que consideran unha mala xestión e unha perda de recursos dentro dun organismo que “ten un volume de contratación enorme e de peso no sector público”, lembrou en referencia a que o Servizo Galego de Saúde consume arredor dun 40 % do orzamento da comunidade.

Besteiro criticou que, segundo os informes que o Consello de Contas trasladou onte ao Parlamento, “os fondos europeos non se están executando” e, polo tanto, “estanse perdendo capacidades”. Por exemplo, segundo consta nesa documentación, dos máis de 1.200 millóns relacionados cos Next Generation, unicamente se aboaron un 15 %.

Por outra banda, grandes cantidades que constan como investimento “son en realidade gastos correntes”, o que se suma a que “aparecen facturas nos caixóns” e a que os orzamentos “se modifican constantemente”.

O secretario xeral referiuse tamén á reflexión que o Consello fai acerca da perda de ingresos que provoca “esa política fiscal errática” da Xunta, “que non beneficia á maioría dos galegos e das galegas”, porque se produce unha perda de recursos. “Mal exemplo damos cando non somos capaces de recadar suficiente e lle pedimos ao Estado ou a outras administracións que fagan un esforzo maior do que nós estamos facendo”, criticou.

Besteiro asegurou que, á vista dos informes do Consello de Contas, “hai moito que esclarecer”, de modo que a preocupación do PSdeG se traducirá “nunha petición de explicacións” ao Goberno galego e na esixencia de que se produza unha xestión axeitada, porque, do contrario, “perdemos recursos públicos, moi necesarios nun campo como é a sanidade, que demanda máis investimento e máis recursos humanos para unha mellor prestación”.

Industria e emprego de calidade

As declaracións de José Ramón Gómez Besteiro sobre a contabilidade do Sergas producíronse no marco dunha visita á empresa TMC Cancela, na que estivo acompañado polo candidato socialista ao Parlamento Europeo Nicolás González Casares e polo voceiro do PSdeG no Concello de Tordoia, Tomás Castro Liñares.

O secretario xeral puxo a compañía como exemplo de que “nun entorno rural se pode xerar emprego de calidade, emprego técnico” e destacou que o 60 % dos equipos que fabrica TMC Cancela están destinados á exportación. “Os socialistas compartimos o obxectivo de incrementar o peso industrial no noso país e imos apoialo dende calquera punto de Galicia”, asegurou antes de mostrar a súa satisfacción por comprobar que “proxectos familiares coma este foron medrando ano tras ano aumentando a súa capacidade de ingresos e xerando un emprego de calidade e mellor retribuído, que é o que nós defendemos”.

O director executivo de TMC Cancela, Javier Cancela, guiou a visita polas instalacións, nas que se fabrica e se ensambla maquinaria agrícola e forestal para tarefas de roza. “Somos o primeiro fabricante nacional no noso sector e o terceiro a nivel europeo”, explicou Cancela sobre unha empresa que vende en máis de 60 países, que medrou durante a última década a un ritmo superior ao 20 % anual, que o ano pasado tivo un volume de negocio de 30 millóns de euros e que conta con 155 empregados.

.1* 

Información da Consellería de Sanidade en relación ao informe do Consello de Contas

En relación co informe do Consello de Contas sobre os Servizo Galego de Saúde, cómpre destacar que non contén reparos de legalidade, senón que simplemente achega recomendacións.

O orzamento do Servizo Galego de Saúde elabórase tomando como base estimacións prudentes que, sen embargo, poden incrementarse debido a que a actividade sanitaria ofrece constantes innovacións terapéuticas e tecnolóxicas que redundan nunha maior protección da Saúde. A vontade do Goberno galego de incorporar as melloras dispoñibles no beneficio dos pacientes fai que o gasto se incremente en cada exercicio.

Se o gasto sanitario é superior ao previsto inicialmente é porque se procura incorporar coa maior axilidade as novas medicacións, vacinas ou tecnoloxías que xorden para mellorar a sanidade de todos os galegos.

Proba desta vontade permanente de reforzar a protección da saúde dos galegos é o feito de que o gasto sanitario se incrementase nun 15% entre 2019 e 2022, así como as decisións adoptadas para a ampliación do calendario vacinal, que sitúan Galicia á vangarda de España e do mundo.

Con todo, é importante ter en conta que as modificacións orzamentarias utilízanse só en casos imprescindibles sempre de acordo co procedemento establecido na lexislación vixente e son informadas polos órganos de control interno da Administración.

Polo que se refire ao que o Consello de Contas denomina “gasto desprazado” trátase dunha práctica habitual en gasto público e prevista na normativa: ante a imposibilidade de pagar o total de facturas que recibe o SERGAS dentro do mesmo ano, unha parte mínima adíase ao seguinte exercicio. É unha actividade normal, debidamente rexistrada e cuxo incremento respecto do ano anterior supón menos do 0,06% do gasto real do SERGAS.

Cómpre lembrar, ademais, que a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma está traballando na elaboración dun novo plan contable para a súa implantación na administración xeral e que o Sergas tamén adoptará este novo plan.

Polo tanto, o Servizo Galego de Saúde segue sempre os procedementos legalmente establecidos, mentres se traballa nun novo sistema contable co que mellorar esa xestión.

En relación coas derivacións á sanidade privada, a figura de “autorización de uso” está prevista legalmente por razóns de interese público e, aínda así, a Xunta está a ultimar o traballo para modificar o sistema cara a procedementos de contratación ordinarios, que se implantarán de forma progresiva.

Con respecto ás Fundacións de investigación sanitaria, a súa integración no sector público autonómico está vixente desde o 1 de xaneiro deste ano e, polo tanto, serán sometidas tamén ao control e supervisión público.

En canto ás listas de espera, ao peche de 2023, Galicia posicionouse a nivel global como o terceiro territorio nacional con mellores tempos de espera en intervencións cirúrxicas, con 67 días de media, polos 128 que reflicte a media española.

Categoría: En Portada
Visto: 583