Información

O PP apoia a eucaliptización dos montes galegos gobernando, máis unha vez, para as empresas pasteiras e en contra da ciudadanía

Información
21 Noviembre 2018

Os votos do Partido Popular -que demostrou máis unha vez que goberna para satisfacer os intereses das empresas pasteiras e non para garantir un rural galego vivo-, e a abstención do PSOE -que eludiu comprometerse argüíndo que sobre esta cuestión xa se avanzara na comisión parlamentaria creada a raíz da vaga de lumes que asolou Galiza en outubro de 2017-, impediron que saíra adiante a ILP “para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”. Unha iniciativa que contou co apoio de preto de 40.000 asinantes, o que a converte nunha das ILPs máis apoiadas pola sociedade galega, á que hoxe ignoraron tanto PP como PSOE.

 

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, lamentou que “co respaldo popular que tivo” esta ILP fora rexeitada desta forma  e considerou que o resultado é “do noso punto de vista, un delito”.

Carril asegurou que isto confirma que “hai un goberno galego e parte da oposición, neste caso o PSOE, que coinciden nun modelo para o noso monte e un modelo forestal que o que fai é desertizar e impedir un desenvolvemento do noso rural no que se poida vivir dignamente, aproveitando toda a capacidade e potencialidade do noso monte para a actividade agrograndeira”.

Denunciou ademais que aquí “hai quen ten un deseño para este país ao servizo das grandes pasteiras, unha eucaliptización do país infinita”. Por iso afirmou que o que hoxe se confirma é que “hai unha parte da sociedade que estamos en contra desa estratexia de Ence, PP e PSOE, o que ten que dar forzas para continuar”.

Pola súa banda, Manel Dacal, representante de FRUGA, considerou “lóxica” a posición do PSOE ao que acusou de terse comprometido co PP na comisión de lumes, ao aprobar conxuntamente o ditame dándolle así un “cheque en branco” ao goberno de Núñez Feijóo nesta cuestión. “Eles que son moi ‘demócratas’ non van votar en contra dunha ILP que ten 40.000 sinaturas detrás. Son debedores do sindicato socialdemócrata que está ligado ao PSOE, Unións Agrarias, que ten outros intereses forestais”.

En defensa do monte galego e por un rural vivo

En representación da Comisión Promotora da iniciativa -integrada por representantes da Alianza por un Rural Galego Vivo (ADEGA, CIG, FRUGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes) e apoiada polas máis de 60 organizacións que integran a Rede Cousa de Raíces (entidades ambientalistas, asociacións culturais, sindicatos agrarios e de clase, comunidades de montes, empresas, universidades...)- defendeu a ILP Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA, quen considerou que, independentemente de ser ou non aprobada, “xa acadou un dos seus obxectivos: implicar a milleiros de persoas por todo o país e a centos de colectivos e entidades de diversas sensibilidades en defensa dos bosques”.

Rodríguez deu conta das razóns polas que se presentou esta ILP e salientou que malia a importancia da superficie de monte en Galiza, por volta dos 2/3 do total do territorio, “as políticas sectoriais non conseguiron compatibilizar os aspectos produtivos do monte coa conservación dos hábitats naturais, particularmente dos bosques autóctonos, historicamente degradados e cada día máis diminuídos en relación coas plantacións de árbores de crecemento rápido”.

Neste sentido, subliñou que as organizacións que conforman a comisión promotora da iniciativa constataron tamén a escasa superficie ocupada polos montes de xestión pública, cando “a vocación primeira destes espazos debería ser a conservación dos valiosos hábitats naturais, chave para ao amortecemento dos efectos do cambio climático, a conservación da biodiversidade e a redución do impacto dos lumes forestais”.

Por iso a iniciativa contempla a necesidade de aclarar “os principios reitores da xestión do monte para garantir unha compatibilización real dos seus distintos usos, así como incrementara xestión pública mediante acordos con propietarios e comunidades de montes”, dixo.

Así sinalou a necesidade de reforzar a figura dos montes veciñais en man común, o fomento do asociacionismo e a formación que “resultan chaves para unha xestión integral e sustentábel do monte, desde o monte e para o monte.

Plan Forestal

Rodríguez lembrou que o vixente Plano Forestal (1992), cun horizonte de aplicación de 40 anos e actualmente en revisión, visaba unha extensión máxima do eucalipto dunhas 245.000 hectáreas. Porén, asegurou “nestes intres a superficie de eucaliptais en Galiza pode superar as 500.000 hectáreas duplicando, a falta de 14 anos, as previsións máximas do Plano Forestal para o 2032” e cobre xa case o 17% do conxunto do territorio galego, mentres que en Portugal non chega ao 9%. Un feito que constata “o feito anómalo de que, de todos os estados europeos, só España e Portugal permiten o monocultivo desta árbore”.

Ademais sinalou que o incremento da superficie eucaliptizada vese favorecida por un “modelo de aproveitamento do monte intensamente forestalista”, que aposta pola produción de madeira de pouco valor engadido, “esquecendo outros usos”. Unha situación da que responsabilizou á Política Agraria Común (PAC) e “a falla de expectativas das economías familiares no rural, que levan ao abandono agrario e ao despoboamento do rural galego”.

“Caldo de cultivo para os lumes forestais”

Cualificou este modelo como “o caldo de cultivo para os lumes forestais”, favorecidos pola mudanza climática e o carácter maioritariamente pirófito das especies empregadas e lembrou que “temos asistido xa ás catastróficas consecuencias dunha nova tipoloxía de lumes que afonda no fracaso do actual modelo forestal e de loita contra os incendios”.

A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo, é, ao entender das organizacións promotoras da ILP, a que fai que “o destino de moitos montes e terras agrarias remate sendo o monocultivo, nomeadamente de eucalipto, e finalmente o lume”, invadindo tamén espazos protexidos e terras agrarias, contravindo unha lexislación por veces demasiado permisiva e discrecional.

Moratoria do eucalipto

A ILP defende, xa que logo, regulamentar o cultivo do eucalipto, comezando por decretar unha moratoria para os novos plantíos desta especie, tal como vén de facer Portugal, que “tería como obxectivo avaliar os impactos de case 50 anos de monocultivo sobre os hábitats naturais e os servizos ecosistémicos que os montes prestan á sociedade, para deste xeito establecer condicións para o aproveitamento compatíbel desta especie”.

Advirte de que o Eucaliptus nitens, está a ocupar novos espazos dada a súa maior resistencia ao frío, alongando a eucaliptización ao interior de Galiza e lembra que, tal como vén de recoñecer nun ditame o Comité científico de flora e fauna silvestres do Ministerio español do ambiente é unha “especie exótica e invasora”. Por iso apunta que “as administracións públicas deberían prohibir o seu cultivo en todo o territorio polo seu recoñecido carácter exótico e invasor, así como poñer en marcha planos de control e erradicación naquelas áreas nas que xa estea presente”.

Consecuencias dos monocultivos

Virxinia Rodríguez alertou ademais das consecuencias medio ambientais dos monocultivos, “quer para madeira, pasta ou biomasa” que inciden na “maior frecuencia e intensidade dos lumes; na contaminación de terras e rías con agroquímicos e vertidos das celulosas; no empobrecemento da biodiversidade e no avanzo da erosión, provocando perdas económicas directas e lucro cesante”.

Por iso denunciou que este modelo modelo forestal, que vén de ser avalado polo PP e polo PSOE, “contribúe tamén a fosilizar importantes cantidades de recursos públicos através do PLADIGA, que custa anualmente arredor de 160 millóns de euros”.

Con esta ILP a comisión promotora considera “imperativo”, aumentar as cautelas e clarexar as determinacións legais, mellorar e garantir o cumprimento das normas e abordar a recuperación dos usos orixinais e a rexeneración dos hábitats degradados por plantíos ilegais.

Tamén avalía como “urxente” abordar a mitigación dos efectos dos incencios forestais e a protección do patrimonio natural e cultural do monte através dunha regulamentación máis clara dos usos forestais, que tendo en conta o actual marco de mudanza climática, atinxa ás especies mais tamén ás distancias, densidade, ubicación e franxas de seguridade para a protección das persoas, bens e hábitats contra o lume.

Neste sentido, Rodríguez afirmou que “o PLADIGA, (Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galiza), debería incidir preferentemente na prevención, ter carácter anual e aprobarse no último trimestre do ano anterior ao de aplicación”.

Fronte a este modelo de aproveitamento do monte que cuestiona a ILP, apóstase pola multifuncionalidade de usos, pola utilización das especies autóctonas, e polo mantemento dos servizos ecosistémicos que deberían estar primados con incentivos directos e indirectos –exencións-, mesmo sen ter unha fin produtiva. “Os nosos bosques naturais prestan un importante servizo á sociedade, polo que semella lóxico que esta repercuta parte dos beneficios a aquelas comunidades e propietarios/as que apostan pola súa conservación e aproveitamento sustentábel”, dixo a portavoz da comisión promotora.

A ILP propón, xa que logo, abordar con carácter urxente a elaboración do inventario de masas de frondosas autóctonas xa previsto Plano Forestal de 1992 e incorporar as súas conclusións ás futuras planificacións; fomentar o mantemento do arborado autóctono, mesmo sen un obxectivo produtivo, que debería compatibilizarse co aproveitamento das materias primas do bosque con especial atención ás pequenas e medianas empresas de transformación da madeira, á industria do moble de calidade, e ao aproveitamento doutros recursos, como froitos, cogomelos, plantas medicinais, etc., mais tamén os culturais e científicos.

Revelan histórias do caminho de Braga a Santiago

Póvoa do Varzim/Joel Cleto.- O Grupo dos Amigos do Caminho de Santiago da Póvoa de Varzim organiza esta sexta-feira, 14, a conferência “O Caminho de Santiago pelo Gerês – A...

El Numancia le "chafa" el cumpleaños blanquiazul llevándose el punto de Riazor bajo un 2-2

Pese a que mandaba por 2-0 a la media hora de partido, el Deportivo no pudo celebrar sus 112 años de vida con un triunfo, ya que el Numancia igualó...

El Celta ofrece un espectáculo sin precedentes en el asalto el estadio del Villarreal (2-3)

Un valiente RC Celta se impuso a domicilio al Villarreal (2-3) en un encuentro en el que los de Miguel Cardoso fueron superiores durante buena parte del mismo. Los celestes...


NUNCA PEDIMOS POR NÓS, SEMPRE ESIXIMOS RESPECTO Ao noso POBO E Aos nosos CIDADÁNS E SITUÁMOSNOS/SITUÁMONOS EN FAVOR DA HONRADEZ E A ÉTICA, DIXEMOS NON Á CORRUPCIÓN. MOTIVO POLOS QUE FOMOS PERSEGUIDOS …

NUNCA PEDIMOS POR NÓS, SEMPRE ESIXIMOS RESPECTO Ao noso POBO E Aos nosos CIDADÁNS E SITUÁMOSNOS/SITUÁMONOS EN FAVOR DA HONRADEZ E A ÉTICA, DIXEMOS NON Á CORRUPCIÓN. MOTIVO POLOS QUE...

NON AO DESMANTELAMENTO, NON A MANIPULACIÓN, NON A REPRESIÓN DOS MEDIOS DE COMUNCIACION BAIXO GOBERNO DO PPdeG

O Comité Intercentros da CRTVG convoca para o vindeiro día 19 de decembro unha concentración diante do Parlamento de Galicia ás 10 da mañá, dentro da xeira de mobilizacións que...

Carballo é a sede do primeiro campus “Mulleres Car Cros”, no que participan 10 mozas de toda España

As participantes xunto a un car cros Dez mozas de distintas comunidades autónomas participan esta fin de semana no primeiro campus "Mulleres Car Cros", organizado pola Real Federación Española de Automovilismo, en...

O alcalde recibiu a unha delegación de productores de "PANGA servido nos hospitais públicos de Galicia" de Corea do Sur

Abel Caballero reuniuse este venres con responsables da carteira de Pesca do país asiático, de visita en Vigo para coñecer e aprender as técnicas que Vigo aplica ao pescado. O...

Denuncia a presión do Goberno de Feijóo ( PPdeG) á que está sendo sometido o persoal sanitario das urxencias sanitarias

En Vigo son obrigados a padecer xornadas abusivas con quendas de 17 horas ou máis. Na área sanitaria de Vigo advirten que se está a volver “insostíbel”, xa que están...

La trama de @XulioFerreiro y los posibles enlaces con las AEIE, sociedades de fondos públicos europeos que sigue a día de hoy sin explicar ni oficialmente ni en los chiringuitos del #dilloti.

Coruña Smart City adjudica 10 de los 14 proyectos piloto, La inversión supera los 3 millones de euros y, en las próximas semanas, de licitarán dos de los cuatro proyectos...

TOUROLEAKS (1): A balsa mineira de Vieiro funcionou durante anos como vertedoiro clandestino ante un goberno impasible de Feijoo

A nova documentación achegada pola mineira de Touro en resposta ás alegacións de veciñanza e colectivos antimina, así como aos informes sectoriais da Xunta, segue deparando sorpresas. Desta volta, trátase...

O recibo da luz sobe de novo na primeira semana de decembro en Galicia ante un Feijóo que da as costas en viaxes por España para festa do Partido Popular

 Tras dous meses de baixadas, a factura do usuario medio volve alcanzar os 80 euros. FACUA critica que o Goberno siga sen emprender medidas de alcance para abaratar o recibo.    Tras...


baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


O BNG DE ARANGA PROPÓN A CREACIÓN DUNHA BOLSA MUNICIPAL DE VIVENDA VALEIRA

“Queremos ofertar desde o concello unha bolsa de vivenda valeira, que facilite o contacto entre caseiros e potenciais inquilinos, co...

A Rede de Colexios de Xornalistas condena a expulsión e exclusión de medios de comunicación por parte de VOX

A Rede de Colexios de Xornalistas, organización que agrupa as entidades de dereito público encargadas de velar pola profesión, mostra...

VII Navidad Gallega en Madrid, el 10 de Diciembre ORGANIZADA POR EL CLUB DE PERIODISTAS GALLEGOS

Organizada por el Club de Periodistas Gallegos, el próximo lunes, 10 de diciembre, se celebrará la séptima edición de la...

RESULTADOS PRIMARIAS PODEMOS GALICIA

Queremos expresar públicamente nuestra satisfacción sobre los resultados de los candidatos que hemos apoyado desde Xuntos para las secretarías municipales...

AGDSP peches e Folgas Atencion Primaria

Ante a información de peches do persoal dos servizos de urxencias  extrahospitalarios (PAC) en Ferrol e da folga o persoal...

O Xulgado pecha a instrución dos catro asaltos aos establecementos Cash Galicia de Pontevedra

O Xulgado de Instrución número 8 de Vigo pechou a investigación dos catro roubos cometidos entre o 31 de xaneiro...





El Xornal de Rafael Alvaro Millán Calenti (Letrado de Sanidad y profesor de la USC) publica datos judiciales y personale…

El titular del citado Xornal es la Federación Gallega de Karate quien se desmarca de cualquier actividad en su nombre...

La Federación Gallega de Kárate en un comunicado afirma desconocer los motivos por los que consta a su nombre el Xornal …

 El Xornal de Rafael Álbaro Millán Calenti alojado en el dominio web www.rafaelalvaromillancalenti.es  cuyo titular según el registro red.es pertenece...

La Federación Gallega de Kárate es titular de la página web www.rafaelalvaromillancalenti.es que utiliza Rafael Alvaro M…

La Federación Gallega de Kárate es o era la titular del dominio web  www.rafaelalvaromillancalenti.es  utilizado por Rafael Alvaro Millán Calenti...

12.000 sinaturas poñen as cousas claras ante a conselleira (PPdeG) do profesorado galego que se sinte totalmente abandoa…

A CIG-Ensino aproveitou a rolda de presentación que está a facer a nova titular de Educación da Xunta, Carmen Pomar...




¿Qué beneficios aporta adoptar a un animal?

Cada año se abandonan miles de animales, por eso adoptar es la mejor opción Adoptar una mascota no debe ser una decisión que se tome a la ligera. Los animales no...

Los servicios financieros apoyan el desarrollo de las empresas

Todas las empresas para poder crecer y expandir sus negocios necesitan de financiación, una herramienta imprescindible para poder concretar sus objetivos. Sea para comprar equipamiento, maquinaria, o para realizar alguna...

Cómo planificarse en los días previos a la boda

Hay momentos en la vida en los que toda la atención se enfoca a un solo evento, como el día de nuestra boda. Conviene seguir una serie de consejos, que...


1. resolucionconcellodemelideusoilegallogo-LOPDAT PROTECCION DE DATOS SL.pdf  El Concello de Melide DENUNCIA EL USO ILEGAL de su imagen corporativa con fines lucrativos para captar clientes y el insta a retirarlo de las páginas web de LOPDAT PROTECCION DE DATOS SL .

El Concello de Meilede DENUNCIA EL USO ILEGAL de su imagen corporativa con fines lucrativos para captar clientes y el insta a retirarlo de las páginas web de LOPDAT PROTECCION DE DATOS SL . (

Pladesemapesga solicita al Defensor do Pobo el traslado a la Fiscalía del expediente de LOPDAT PROTECCION DE DATOS SL por uso ilegal de imagen pública.    LOPDAT PROTECCION DE DATOS SL usaba ilegalmente el LOGO del DEFENSOR DO POBO como referencia para captar más clientes. (Noticia destacada de Galicia)   La entidad de PROTECCIÖN de Datos LOPDAT PROTECCION DE DATOS SL a través de su web http://www.lopdat.es/ perteneciente al Grupo ISONOR www.grupoisonor.es/ publicitaba referencias  ...


DECLARACIÓN DE TRANSPARENCY INTERNATIONAL-ESPAÑA NO DÍA MUNDIAL CONTRA A CORRUPCIÓN 9 DE DECEMBRO 2018

"Unidos contra a corrupción para o desenvolvemento, a paz e a seguridade?  Transparencia Internacional-España súmase á conmemoración do Día Internacional contra...

EL DEFENSOR DEL PACIENTE ,El abuso de poder en la utilización de los MIR ,ya ninguneados y poniéndolos al pie de lo…

Att/D. Alberto Nuñez Feijo ,Presidente de la Junta de Galicia ,Jesús Vázquez Almuíña Consejero de Sanidad Muy Sres.nuestros: Nos ponemos en contacto Vds...


lo mas visto tendencias virales xornal galicia

Paula Prado pretende "vender a moto con un comunicado feito a medida para os medios huntados con cartos públicos" coa concesión da mina de Touro entregada e orquestada polo PPdeG que ela mesma representa. ....+
O Alcalde de Ordes Sr José Luis Martínez Sanjurjo, do Grupo Popular de Galicia facilita licencia de explotación gandeira presuntamente en condicións preferentes ao fillo de Rosa Quintana.. ....+
Una granja en ruinas, ubicada en Ordes y de la que apenas quedan en pie los cimientos y un deteriorado cuadro eléctrico, era el destino de la subvención que Medio Rural concedió al hijo universitario de la conselleira de Mar, Rosa Quintana ....+
OS SOCIALISTAS ESIXEN EXPLICACIÓNS POLO “PRESUNTO TRATO DE FAVOR” NA CONCESIÓN DE AXUDAS FEADER AO FILLO DA CONSELLEIRA DO MAR ....+
El hijo de Rosa Quintana exconselleira del Medio Rural e do Mar gestiona negocios y subvenciones públicas "sin licencias" bajo la Consellería que lideró su madre de Medio Rural e do Mar según publica Economía Digital. ....+
Leiceaga pide reactivar a Comisión de Estudo contra a Corrupción, para situar a Galicia na “primeira liña da loita contra a corrupción” e pillar de unha vez por todas a Feijóo. ....+
La FALSA IMAGEN de Feijóo "confeccionada con millones de euros a dedo de dinero público" por los principales medios de comunicación de galicia. ....+
La Morada Atlántica con cenas de 6.000 euros para Susana Rodríguez Carballo y sus afines del PdeG, alcalde de Laracha y el Jubilado Evaristo lareo, receptor y pagador del festín en un Rte de Caión. ....+
José Manuel Lopez Varela, oculta sus fracasos perniciosos y reiterados intentos sobre el solar de 15.000 metros y sigue anunciando a bombo y platillo el "pelotazo" en Caión acompañado de su "socio" Evaristo lareo Viñas. ....+
José Manuel López Varela y Evaristo Lareo han intentando "estafar fondos públicos" utilizando el GALP3 y el Concello de Laracha en beneficio personal y privado con auto-adjudicaciones ilegales. ....+
Exclusiva Xornal Galicia.- Alberto Núñez Feijóo, "da alas" acompañado de, Beatriz Mato (trama Azetanet), junto a #xulioferreiro "intimo del líder del presunto fraude las banderas azuis" presiden o acto el de entrega das Bandeiras Azuis 2018. Nas Escravas ....+
Rosa Quintana ya regaló otra "tajada" de fondos europeos para el Jubilado de Caión y destinados a pagarse sus propias dietas, comilonas ....+
El Gobierno de Feijóo en la Xunta estuvo durante años "UNTANDO" con fondos públicos el entramado PESCANOVA ....+
Denuncian que o PPdeG na Xunta protexe a Mina de Touro tras recibir "mordidas ou sobres en B" ....+
El Vicepresidente del Parlamento de Galicia @DiegoCalvo utilizó el dinero de la Diputación de A Coruña para montarle un chiringuito a #Feijóo ....+
La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ....+
Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros ....+
Rafael Millán Calenti utiliza querellas para intentar paralizar y censurar documentos públicos ....+
La USC y UDC remite falsos enlaces a la Comisión de Transparencia de Galicia sobre los hermanos Millán Calenti y CICA-INIBIC. ....+
El Hijo de Rosa Quintana, usa el sello IGP de origen protegida de Ternera Galega para venderla como NOVILLO ARGENTINO ....+