O Concello atenderá as 962 solicitudes que cumpren os requisitos para acceder ao "extraordinario" programa Vigo en inglés 2019.
Tendo en conta as previsibles renuncias, o goberno local utilizará a marxe de aumento dun 20% do número de prazas que prevé o contrato, de forma que se poidan outorgar unhas 900 achegas.
O ano pasado foron 766 as solicitudes que cumprían os requisitos e foron atendidas -descontadas as habituais renuncias-, unha cifra que este ano foi máis elevada e que obrigará a aumentar en 340.000 euros o orzamento.
As prazas previstas neste 2019 eran 750, pero contabilizadas as peticións, o orzamento ascenderá a 2.044.000 euros, unha cifra á que haberá que sumar outras 100 bolsas para os alumnos da Escola de Idiomas.