|
A lagoa de Antela foi unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica,tanto pola súa extensión (máis de 40 Km. cadrados), coma pola súa riqueza de flora, fauna, bioloxía, historia, antropoloxía, toponimia, paisaxe e folclore característicos.
O 8 de setembro de 1958* deron comezo as obras de desecamento da lagoa de Antela co encauzamento de 6,6 km. do río Limia.
A lagoa de Antela foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns "pozos" chegaba ata os 3 metros. Nela atesourabase unha inmensa riqueza de flora, fauna, bioloxía, historia, antropoloxía, toponimia, paisaxe e folclore.
Logo de innumerables intentos de desaugamento, en 1956 declarouse por Lei de 27 de decembro de alto interese nacional a colonización e saneamento da lagoa de Antela, ó que provocaría a destrucción do humidal e a transformación deste en terreos de labradio. O día 8 de setembro de 1958, deron comezo as obras iniciadas co encauzamento de 6,6 Km. do río Limia, que se continuarían con 7,5 km. do emisario da lagoa, e a partir de 1962, coa construcción de 10 Km. de canles-dren no interior da mesma, para logo continuar coas construccións dos desaugues terciarios, camiños, etc., ata rematar coa entrega das parcelas ós colonos a principios dos anos 70.
Coincidindo con esta data o Concello de Sandiás ten previsto a realización dunhas xornadas sobre a lagoa de Antela para recuperar a súa memoria histórica, e que versaran sobre os aspectos xeográficos, históricos e medio ambientais da lagoa que se celebraran na Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) así como na Casa da Cultura do Concello. Tense así mesmo previsto a edición dun número especial da revista ¨A Torre do Castro¨ (Revista Cultural e turística do Concello de Sandiás) sobre os cincoenta anos do comezo das obras (1958-2008), e outras actividades.
Pretendese con esta serie de accións dar a coñecer unha parte importante da nosa historia a todos aqueles que non a coñeceron así como dar a coñecer o presente representado pola recuperación medio ambiental das antigas areeiras abandonadas.
Lembrar que a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) situase no centro da vila de Sandiás nun edificio tradicional especialmente rehabilitado para acoller o centro. Na Casa da Lagoa preténdese mostrar ós visitantes a través de montaxes audiovisuais, experiencias interactivas, paneis informativos, etc., os cambios acontecidos na comarca da Limia, e máis concretamente no concello de Sandiás, a través dun percorrido polo antes e despois da desecación da lagoa de Antela. Pondo un especial interese en dar a coñecer as accións levadas a cabo para a recuperación da antiga fauna e flora da antiga lagoa a través da recuperación das areeiras abandonadas.
Nota: Enderezo:
Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela ) - Praza de Dona
Irene, 1 (Sandiás - Ourense)
Teléfono do Concello de Sandiás para reservas (Visitas concertadas) : 988 46
50 01
Máis información: www.sandias.es
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
|