Información
A Coruña

124.000 euros para favorecer a proxección comercial en galego de 13 películas

Información
07 Agosto 2018 637 votos
A Deputación destina 124.000 euros para favorecer a proxección comercial en galego de 13 películas

Películas como Dhogs, A batalla descoñecida, Memorias dun home en pixama, A Estación violenta,Sicixia ou O soño de papá terán axuda pública para a súa distribución a través da nova liña que ven de resolver a Deputación da Coruña. A área de Cultura destina 123.000 euros á iniciativa pioneira da distribución de contidos audiovisuais en lingua galega.

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina un total de 123.816,92 € para a distribución de trece filmes en galego co fin de achegar ao público as novas producións audiovisuais na nosa lingua. Festivais, casas de cultura, cineclubes ou salas comerciais difundirán películas en galego grazas á nova liña de axudas creadas para contribuír a reducir unha das eivas fundamentais do sector que é conseguir que as producións cheguen ao público.

A nova liña é pioneira a nivel galego no ámbito da distribución de contidos audiovisuais e nesta primeira edición son once as empresas distribuidoras e produtoras beneficiarias que recibirán axuda para un total de 13 filmes. As axudas cobren o investimento en marketing, publicidade, dobraxes e subtitulados ou asistencia a festivais, entre outros conceptos.

"Un dos grandes problemas do sector audiovisual galego é a dificultade para a distribución e difusión dos contidos producidos e é nese ámbito xustamente onde quere incidir esta nova liña de axudas, que completa outras iniciativas da área de Cultura da Deputación da Coruña destinadas ao ámbito audiovisual, esencial para o fortalecemento da nosa cultura", sinala a vicepresidenta e responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

Dhogs, A batalla descoñecida, O futuro da mente, Trote, Memorias dun home en pixama, A estación violenta, Co vento, O león dorme esta noite, Beautiful Boy, O desafío do Sil, Sicixia, Sea Bests e O soño de papá son os filmes que reciben apoio nesta primeira edición da convocatoria.

A nova liña súmase así á creación do programa "Visións" dentro da Rede Cultural para impulsar a difusión de contidos audiovisuais na programación cultural dos concellos, de maneira especial a difusión da produción audiovisual galega, ademais do apoio a festivais audiovisuais organizados por concellos e entidades como Curtocircuito, Cineuropa, Carballo Interplay, Mostra Curtametraxes Vila de Noia, Chanfaina Lab de San Sadurniño ou o novo festival Cinema Crianza de Ames entre os organizados polos concellos ou S8 e Freakemacine nos que promoven entidades

A nova convocatoria responde á necesidade de difusión de produtos audiovisuais en lingua galega e nace do recoñecemento do campo audiovisual como ámbito estratéxico de creación de contidos culturais. "A produción audiovisual é unha mostra principal da vitalidade dunha lingua e dunha cultura, en tanto permite xerar discurso propio cara a si e cara os outros e articular un espazo de referencias propio e recoñecible, cunha dinámica autónoma e beneficiosa no sociocultural e no económico e ao tempo interconectada e aberta ao resto de espazos culturais do planeta", explícase nas bases da liña que destacan a "importancia estratéxica da existencia dun espazo de comunicación e cultura propio, vivo e que se desenvolva no noso idioma".

Para o deseño da liña o departamento dirixido por Goretti Sanmartín contou co asesoramento de Manolo González, o exdirector da Axencia Audiovisual Galega durante o goberno bipartito.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi