Información
A Coruña

180.000 euros a formación en centros de Lyon, Nova York, Sao Paulo, Bos Aires, Barcelona ou Porto

Información
12 Agosto 2018 1905 Votos
A Deputación concede vinte bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos no exterior

Centros de estudo especializados en formación artística de Lyon, Nova Yor, Sao Pauo, Bos Aires, Barcelona ou Porto acollerán as 20 persoas beneficiarias coas bolsas da área de Cultura da Deputación da Coruña. A esta actuación de formación artística destina un orzamento de 180.000 euros.

 

A Deputación da Coruña vén de publicar na súa web a listaxe provisional das persoas que serán beneficiarias das 20 bolsas de formación artística nas áreas de música, artes plásticas e visuais, teatro e interpretación, audiovisual, ilustración e a banda deseñada.

Por especialidades, 10 destas bolsas están dirixidas a completar estudos de música, 3 ás artes plásticas e visuais, 4 a estudos de teatro e interpretación escénica, 2 ao mundo do audiovisual e, finalmente, 1 ao eido da ilustración e banda deseñada.

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, apuntou que "estas bolsas teñen por obxecto apoiar a todas aquelas persoas que queren completar e perfeccionar os seus estudos artísticos e que, por diferentes motivos, teñen dificultades para atopar o financiamento necesario para acceder a este tipo de estudos". Así mesmo, subliñou que "o apoio institucional é fundamental para garantir a calidade e o futuro das creacións artísticas en Galiza" e que, este tipo de bolsas "son a mellor inversión que podemos facer como sociedade para contribuír ao afortalamento da nosa Cultura".

Así, a Deputación da Coruña contribuirá ao financiamento de estudos avanzados e de mestrado en centros de recoñecido prestixio internacional como son o Conservatorie National Superieur de Musique et Danse de Lyon, a Manhattan School of Music, o Centro Universitario de Belas Artes de Sao Paulo, a Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Cataluña, a Universidade Nacional das Artes de Bos Aires ou a Facultade de Belas Artes de Porto.

A continuación achégase a listaxe das persoas que, provisionalmente, resultaron beneficiarias das bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña:

BOLSAS ARTISTICAS 2018

ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS

UXÍA PEREIRO VAELLO

LUIS LLORÉNS PENDÁS

SABELA PORTO ARES

ÁREA DE AUDIOVISUAL

CRISTINA BODELÓN MACEIRAS

ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT PÉREZ

ILUSTRACIÓN E BD

RAQUEL GERMADE REY

TEATRO E INTERPRETACIÓN

SARA CASASNOVAS PUMAR

ANTÓN COUCHEIRO FAÍLDE

FRANCISCO DE BORJA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

MANUEL LAGO GARCÍA

MÚSICA

ANTÓN IGLESIAS QUINTELA

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA

MANUEL CASARES GESTAL

SILVIA ROZAS RAMALLAL

AMARO SAMPEDRO LÓPEZ

ALBERTO MIGUELEZ ROUCO

ARTUR CARBALLO ALVIAREZ

HELENA OTERO CORREA

CLARA DE SOTO PAZ

IAGO DOMINGUEZ EIRAS

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi