Información
A Coruña

1,8 millóns de euros para a mellora de estradas provinciais

Información
24 Mayo 2016 4643 votos

A Deputación da Coruña celebrará este venres, 27 de maio, a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de maio, durante a que se aprobarán investimentos por importe de 1,8 millóns de euros para a mellora da rede provincial estradas.

Ferrol, Irixoa, As Pontes, Santa Comba, Cerceda, Cedeira, Oleiros e Mañón serán os concellos que se beneficiarán destas achegas, incluidas nos plans de travesías, sendas peonís, e conservación de estradas da institución provincial coruñesa.

 Os proxectos que se someterán á aprobación do pleno son os seguintes:

 TRAVESÍAS

 Ferrol: Travesía na DP 3604 San Xoan de Filgueira a Catabois p.k. 0+900 a p.k. 1+801 ( Ferrol)

 O proxecto consiste en dotar ao vial actual, situado nunha zona urbana de Ferrol, de beirarrúas nos tramos onde actualmente non existen, o ensanchamento da estrada dende os 5,40 m - 6m actuais ata unha plataforma de 8 metros, a creación de zonas de aparcamento, a canalización de pluviais, a reposición de servizos, a sinalización e a pavimentación do tramo mediante mistura bituminosa en quente.

 Orzamento: 797.756,42€

 Irixoa: Reforzo do firme na estrada DP 3902, de Betanzos ao límite de Cernadas por A Viña e Xestal, PK 3,380 a 6,720.

 O obxecto do proxecto é o reforzo do firme mediante a aplicación dunha nova capa de rodadura en mistura bituminosa en quente. Inclúense no proxecto as reparacións do firme previas á  extensión dunha nova capa de rodadura e a reposición da sinalización horizontal.

Orzamento: 276.663,03 €

As Pontes:  Mellora de intersección na estrada DP 7003, Medoñas a Ponte Souto, PK 0+100.

As obras do proxecto consisten na mellora da intersección entre e estrada provincial DP 7003, de Medoñas a Ponte Souto, no seu PK 0+100 e un dos viais de acceso ao Polígono de Os Airíos .A actuación proxectada consiste na creación dunha glorieta que regule o tráfico, facilitando o acceso e saída do tráfico na estrada provincial. A glorieta disporá dun diámetro de 30 metros, isletas en formigón ey pavemento de viais con mistura bituminosa en quente.

Orzamento: 45.608,52 €

 

SENDAS PEONÍS

Santa Comba: Senda peonil na DP 2904, Coristanco a Santa Comba, PK 11+460 a PK 12+185

A obra consiste na construción dunha senda peonil entre o camiño de acceso á fervenza de Castriz (PK 11+460) e o comezo das beirarrúas no núcleo  homónimo. A senda disporá dun ancho de 2 metros e pavemento en mistura bituminosa en quente. Inclúe canalización de pluviais e a construción dunha pequena escollera de contención nunha zona onde existe desnivel entre a estrada e os terreos contiguos.

Orzamento: 188.954,63 €

 Cerceda: Sendas peonís en Meirama e Acebedo

A obra consiste en pavimentar cunha solera de formigón de cor a senda de zahorra existente na marxe esquerda da estrada DP 2405 de Cerceda a Mesón do Vento entre os PK 4+070 e 6+220, co obxecto de mellorar a súa conservación e mantemento, evitar os arrastres de material granular á estrada e mellorar a seguridade dos peóns, especialmente na época de inverno.

A actuación complétase coa colocación de bancos e a prantación de árbores.

Na estrada DP2404 Cerceda-Xesteda, o obxecto das obras é construir unha senda peonil de case 1,5 quilómetros de lonxitude na marxe esquerda da calzada, entre os PK 1+020 e 1+450, en formigón de cor. Inclúe canalización de pluviais.

Orzamento: 217.533,42 €

CONSERVACIÓN

Cedeira: Reparación de beirarrúas na avda. Zumalacárregui

O obxecto das obras é a reparación dos tramos de beirarrúa deteriorados entre os PK 0,400 e 0,720 da estrada DP 2204 de Cedeira a Chimparra. Inclúe a construción de pequenos tramos de novas beirarrúas onde estas non existen. O pavemento será de baldosa hidraúlica antideslizante.

 Orzamento: 13.473,93 €

 Oleiros: Mellora da seguridade vial nas estradas DP 5805 y DP 5810

As obras consiten no reforzo do firme no tramo comprendido entre os PK 0,000 e PK 0,960 da estrada DP 5810 e do PK 0,000 ao 0,100 da DP 5805 mediante a aplicación dunha nova capa de rodadura sobre a existente, agora moi deteriorada, o que contribuirá a mellorar a seguridade da circulación.

 Orzamento: 85.072,09 €

Mañón: Microaglomerado en frío na estrada DP 4401, de Ortigueira-As Pontes ao Barqueiro, PK 14,360 a 25,200

As obras consistirán na mellora da capa de rodadura mediante a aplicación de microaglomerado en frío que cubirá todo o ancho da calzada nun tramo de 11 quilómetros. Esta aplicación mellora a durabilidade do pavemento ao selar as fisuras existente e mellora as condicións de adherencia dos vehículos.

Orzamento: 240.269,69 €

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....