Información
A Coruña

O concurso Quero Cantar que xestiona Goretti (BNG) que apura os últimos días do prazo de presentación de cancións pòdría estar manipulado como as becas do conservatorio que acabaron no sobriño da sua secretaria

Información
16 Octubre 2018 183 votos
 
O concurso Quero Cantar da Deputación da Coruña apura os últimos días do prazo de presentación de cancións

O próximo venres día 19 de outubro remata o prazo de envío de cancións para a terceira edición do Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

Os grupos que queiran participar na terceira edición do Quero Cantar apuran os últimos días -dun prazo que comezara o pasado 20 de abril- para presentar os seus temas, paso previo antes do seguinte momento clave do concurso que é a reunión do xurado profesional que terá lugar o derradeiro día de outubro.

O cometido deste xurado será decidir as cinco bandas por categoría que se han incluír no disco Quero Cantar 18, e as tres bandas, tamén por cada categoría, que o 17 de novembro deberán interpretar en directo as súas propostas no teatro Colón da Coruña. Nesa gala, un novo xurado, formado desta volta por nenas e nenos, para a categoría infantil, e por mozas e mozos para a xuvenil, outorgará os máximos galardóns da presente edición.

Os premios consisten en cantidades de 1500, 1000 e 500 euros para a compra de material musical, así como na gravación de dous videoclips.

A organización confía en repetir o nivel da pasada edición, cando os dous temas gañadores, Son muller, do grupo xuvenil Máis boas cás patacas de Teo, e Quero xogar, do grupo infantil Os nenos da vella da Coruña obtiveron unha inusitada acollida tras a difusión dos seus respectivos videoclips.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, anima "a que se envíen as cancións porque, á marxe de quen gañe, o que está confirmado pola experiencia das dúas edicións anteriores é o positiva que para todos os grupos é participar deste concurso que ten como obxectivo que as mozas e mozos canten na nosa lingua".

O certame Quero Cantar naceu cos obxectivos principais de contribuír ao fomento da creatividade poética e musical entre a rapazada, así como de normalizar o uso da lingua galega en calquera estilo da música popular contemporánea. A maior parte das maquetas recibidas nas dúas edicións anteriores poden escoitarse na páxina do proxecto, www.querocantar.gal, onde tamén se pode descargar a versión dixital dos dous discos editados ata o momento. A Deputación reparte os cd físicos entre centros escolares públicos de toda Galicia.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   

"Cada vez que chega unha nova proposta o primeiro que lles preguntamos, normalmente ás persoas adultas que colaboran ou actúan como representantes, é como consideran que influíu nas rapazas e rapaces o concurso; a resposta maioritaria é que os encheu de ilusión e que fixo que se esforzasen máis aínda e con máis gusto na súa formación musical. Velaí o auténtico obxectivo do certame", sinala Tono Formoso, o coordinador do único certame para cancións en galego interpretadas por bandas infantís e xuvenís que chega agora á terceira edición.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi