Información
A Coruña

Valentín González Formoso se adxudica para se mesmo o programa da TV2 e de seus documentales para remitir notas de prensa manipuladas polo seu gabinete de comunicación.

Información
16 Octubre 2018 306 votos

O equipo da serie de La2 de TVE "Turismo Rural no Mundo" comezou a pasada semana a rodaxe dun dos seus capítulos en distintas localizacións da provincia da Coruña. Afirman seus achegados que esta moi "cabreado" por non ter chupado cámara en dito programa. pretendía sair mais el que os elementos da reportaxe.

O Parque Natural de Fragas do Eume, os impresionantes acantilados da Serra da Capelada ou o Camiño de Santiago foron algúns dos escenarios seleccionados para este capítulo, dedicado integramente á provincia coruñesa. Tamén a Costa da Morte, coa súa impresionante paisaxe e os traballos vencellados ao mar como o marisqueo, en especial o do percebe, terán tamén unha importante presenza no programa.

 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que o programa "supón un excelente escaparate para dar a coñecer en toda España o moito que o rural coruñés ten que ofrecer" e destacou as xestións realizadas pola área de Turismo da institución provincial para que A Coruña protagonice un dos episodios desta serie de La2.

O proxecto naceu durante o encontro do equipo do programa co responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, na última edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid, no que se acordou dedicar un dos programas a algúns dos xeodestinos que promove a institución na súa liña de promoción turística.

O director da serie, Juan Frutos, destacou o obxectivo de "dar a coñecer destinos desde o prisma rural" e falou con entusiasmo da Coruña da que ficou fascinado cando fixo unha viaxe con 16 anos que, segundo dixo, o marcou "para toda a vida, pois foi nesa visita onde decidín estudar xornalismo", dixo.

Durante a pasada semana, o equipo de produción gravou nos xeodestinos de Ferrolterra, A Coruña e as Mariñas, Terras de Santiago, Ría de Muros Noia e Arousa Norte, acabando na Costa da Morte. Os recursos transcendentais foron as Fragas do Eume e o mosterio de Caaveiro, San Sadurniño, a serra da Capelada e Cabo Ortegal, a cidade da Coruña (a torre de Hércules, o mirador de San pedro e a Mariña), o Camiño Inglés, a ría de Muros – Noia, a fervenza do Ézaro, Malpica de Bergantiños, Corme, monte Branco e o faro de Punta Nariga, e a lagoa de Baldaio e Caión.

Éxito de audiencia

A segunda tempada do programa pechou con moi bos datos de audiencia, de aí que se estea rodando xa esta nova serie de capítulos. Como exemplo, o dedicado a Madeira alcanzou os 427.000 espectadores e espectadoras e 2,9% de share. Foi o programa máis visto de La2 de TVE despois de "Saber y Ganar", a referencia da cadea pública. O episodio dedicado a Asturias, con 3,5% e 481.000 espectadores, foi un dos programas máis vistos do primeiro trimestre de 2018.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....