Información
A Coruña

A Senda do Mar de Razo a Baldaio estrea sinalización

Información
15 Noviembre 2018 190 votos
A Senda do Mar é un itinerario moi concorrido nestes días de sol

A Senda do Mar é un itinerario moi concorrido nestes días de sol

A nosa costa está de estrea. Dende esta semana conta cunha nova sinalización para a ruta Senda do Mar, un percorrido autoguiado por códigos QR que levan ao visitante desde o porto de Razo ata a praia da Pedra do Sal, nunha viaxe polo espazo natural de Razo-Baldaio.

A sinalización anterior estaba xa deteriorada, entre outras causas pola súa situación preto do mar. Coa renovación dos sinais pretendemos poñer en valor un dos principais atractivos turísticos do municipio e mellorar a accesibilidade dos recursos, para que as persoas que nos visiten obteñan información dende o teléfono móbil de maneira sinxela e autónoma.

A nova sinalización da Senda do Mar incorpora, ademais dos códigos QR, unha antena NFC, que permite que os/as visitantes accedan de forma case instantánea a numerosos contidos relacionados coa nosa costa

A nova sinalización da Senda do Mar, que este ano renovou o distintivo europeo Sendeiro Azul, incorpora, ademais dos códigos QR, unha antena NFC (Near Field Communication). Este sistema utilízase, por exemplo, no pago contactless das tarxetas de crédito ou no pago co móbil, e permite que os/as visitantes accedan de forma case instantánea a numerosos contidos relacionados coa nosa costa, como imaxes, vídeos, textos explicativos, etc. Ademais, o material empregado nos paneis destaca pola súa resistencia, especialmente ao medio mariño e aos raios UV, ademais de ser reciclables.

A actuación está financiada a través dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia co obxectivo de consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....