Información
A Coruña

A concelleira Milagros Lantes foi a primeira en “voar” sobre o San Martiño

Información
03 Enero 2019 152 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O parque do San Martiño vaise converter durante tres días nun dos lugares máis visitados do concello e da comarca, porque é o primeiro lugar de estancia do globo aerostático que forma parte da campaña de promoción do comercio local. De feito, abonda con presentar un tícket de calquera establecemento do municipio por un importe superior a 5 euros para poder realizar un ascenso controlado.

 

O inflado do globo, hoxe á mañá, xa foi todo un espectáculo, e dende primeiras horas fixéronse colas para subir. Á concelleira Milagros Lantes non lle importou facer de “conexiño de indias” e foi a primeira en voar sobre o parque do San Martiño.

A atracción está pensada para toda a familia, e por iso o globo ascende uns 50 metros e volve a baixar, algo que, segundo apuntaron algúns dos primeiros pasaxeiros, supón “unha experiencia diferente”. Se queres subir, isto é todo o que debes ter en conta: 

  • Para poder subir ao globo aeroestático é necesario dispoñer dun tícket de compra en calquera comercio de Carballo posterior ao 14 de decembro, por un importe mínimo de 5 euros. O tícket será marcado polo persoal responsable do acceso ao globo.
  • O acceso á actividade realizarase por rigoroso orde de fila.
  • Os menores de 8 anos deben viaxar acompañados dun adulto. Poderán subir sos coa autorización e baixo a responsabilidade da nai, pai ou titor.
  • Non está permitido o acceso ao globo ata que o autorice o persoal responsable.
  • O acceso pecharase con antelación ao remate dos ascensos para que a actividade remate ás horas indicadas.
  • Respectaranse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.

HORARIO E LOCALIZACIÓN DO GLOBO

Parque do San Martiño:

  • Día 2 de xaneiro de 11.00 - 13.00 e de 17.00 a 19.00 h.
  • Día 3 de xaneiro de 11.00 - 13.00 e de 17.00 a 19.00 h.
  • Día 4 de xaneiro de 11.00 - 13.00 e de 17.00 a 19.00 h.

Parque do Rego da Balsa:

  • Día 5 de xaneiro de 10.00 - 14.00h.
  • Día 6 de xaneiro de 16.00 a 20.00 h.

Pero ademais da gran atracción do globo, esta semana tamén transformamos a planta alta do Mercado Municipal nun parque de xogos e obradoiros para os máis pequenos da casa. Táboa de surf mecánica, talleres de bolsas e plastilina, piscina de bolas, xogos de habilidade... Os e as peques vano pasar en grande, como xa fixeron os primeiros que se achegaron pola mañá.

HORARIO DO ESPAZO DE XOGOS

  • Día 2 de xaneiro de 12.00 a 14.00  e de 17.00 a 21 h.
  • Día 3 de xaneiro de 12.00 a 14.00  e de 17.00 a 21 h.
  • Día 4 de xaneiro de 12.00 a 14.00  e de 17.00 a 21 h.
  • Día 5 de xaneiro de 12.00 a 14.00  e de 17.00 a 21 h.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...

Día 16, 17 y 18 (continuación). P.A. 14/17. 9.30 horas. Estafa....

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

Sección primera.

Días,...