Información
A Coruña

A Deputación da Coruña "controlará" con 980.000 euros os técnicos deportivos dos concellos da provincia

Información
05 Enero 2019 323 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña subvenciona, un ano máis, a contratación de técnicos deportivos nos concellos da provincia. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe xoves, 3 de xaneiro, as bases da edición 2019 deste programa, que o ente provincial desenvolve dende hai tempo cunha excelente acollida por parte dos municipios e que este ano está dotado cun orzamento de 980.000 euros,


O deputado responsable da Área de Deportes, José García Liñares, destacou que o programa ten "dúas importantes vantaxes", xa que "contribúe á xeración de emprego na provincia", facilitando que os concellos contraten persoal cualificado na Área de Deportes e, ao mesmo tempo, serve para que os municipios coruñeses "poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación", especialmente nenos e maiores. O ano pasado, 79 dos 93 concellos coruñeses contrataron un técnico deportivo co apoio económico da Deputación.


A Deputación financia o 80% do soldo, e a diputada do BNG podría "condicionar" quen e quen non pode ser tecnico deportivo nos concellos de a Provincia.


A Deputación financiará ata o 80% dos custos salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros ao ano para aqueles municipios que opten pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poderán contratar tamén técnicos superiores de FP en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.
Os concellos deberán presentar unha memoria explicativa da actividade que vai realizar durante 2019 na que se destallen as funcións que vai realizar o persoal técnico deportivo, o calendario de actividades, a titulación do persoal para a que se solicita a subvención e a tipoloxía do contrato, entre outras cuestións.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

La penúltima jornada de pruebas que se iba a celebrar en Baiona...

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

lineaazul 1600