Información
A Coruña

Loli Toja presentou unha medida que insta ao Goberno Galego a acometer as medidas reclamadas pola confraría de Malpica para eliminar os riscos existentes no menor prazo posible

Información
22 Febrero 2019 287 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Comisión de pesca e marisqueo aprobou a iniciativa socialista eliminar urxentemente o risco existente no porto de Malpica. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou esta proposición non de lei onde se insta ao Goberno Galego a acometer as medidas reclamadas pola confraría de Malpica para eliminar os riscos existentes antes de que acabe o actual período de sesións.

 

A deputada socialista denunciou como no porto de Malpica “prodúcense correntes e remuíños” que provocan unha situación de “perigo constante”. Esta situación de inseguridade levaría ao afundimento o 20 de decembro do Pesqueiro Silvosa no porto, levando consigo a vida dunha persoa ao tentar realizar unha manobra de saída que requira de moitísima “pericia, valentía e temeridade”.

A parlamentaria socialista explicou que esta situación era de sobra coñecida e aínda así “non se tomaron as medidas necesarias para evitar accidentes. Referiuse aquí as palabras da Conselleira do Mar no Pleno, nas que se afimaba que en 50 anos que levaba o porto construido non pasara nada e que agora ibase a actuar, mostrando unha visión moi obsoleta dos contornos laborais.

Recordou así o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 onde se establece a liña de actuación de “mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas que dedican a pesca” e que a un ano de acaba ten aínda moito pendente para acadar a modernización prevista.

No mesmo sentido, referiuse tamén a outras medidas como a sinalización de bateas, a cal leva pendente dende o 2015, e unha resolución aprobada no 2016 no Pleno do Parlamento onde se instaba ao Goberno a dotar os portos de mecanismos antiafundimento.

En ambos casos, estes obxectivos quedaron en papel mollado, motivo polo que a responsable socialista pediu medidas concretas e sobre todo concreción de prazos para evitar que, ao igual que sucede coa sinalización das bates ou coa dragaxe de Laxe, pendente dende 2014, as medidas non se realicen ao perderse nunha eterna tramitación técnica.

A representante socialista pediu “empatía” coas familias e reprochoulle ao PP que recentemente renunciase a un incremento do gasto público dun 0,5% do PIB antepoñendo os intereses e a ideoloxía as necesidades e os intereses da cidadanía. Neste sentido solicitou recuperar o investimento dun millón de euros en “saúde e seguridade”, que actualmente ten un gasto de trescentos mil euros, e que non deixasen sen executar 6 de cada 10 euros.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Acometer de forma urxente, baixo o asesoramento dos técnicos e comunidade portuaria e coa previa análise da positividade e efectividade das medidas a adoptar, as medidas reclamadas pola cofaría de Malpica para o seu porto naqueles aspectos que sexan viables e positivos técnica e operativamente de cara a eliminar a situación de risco existente no porto de Malpica, co fin de evitar novas desgrazas.

2. Se proceda, urxentemente a analizar a viabilidade de executar, en caso de ter a avaliación técnica, medidas para qe se elimine o desnivel ou escalon existente baixo a comporta da dársena, se proceda a dragar a dársena, se mellora a iluminación da comporta e se regulen os fondeadoiros das embarcacións da sétima lista.

3. Se proceda, de feito inmediato a analizar a viabilidade, e si así fose, a elaborar a executar no menor prazo posible, o proxecto que permita mellorara seguridade mediante o alargamento do espigón e dique de abrigo do porto, tal como recomenden os técnicos”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600