Información
Vertedero Municipal de A Coruña

Unha misiva DIRECTA pon ao alcalde Xulio Ferreiro conrtra as cordo pola súa inmoralidad e felón comportamento trileiro de promesas incumplidas.

Información
08 Septiembre 2018 1222 Votos

A Coruña A 10 Setembro 2018

Ó Excelentísimo Concello de A Coruña

Bós Días.

Poñémonos en contacto con vostedes,en nome e representación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Stop Desafiuzamentos A Coruña, para recordarlles que temos varios temas pendentes nos que se comprometeron formalmente a colaborar, e de feito, quedaron aprobadas medidas no pleno Municipal do 10 Abril deste ano.

1.-Supoñemos que a creación dunha Oficina Municipal de Vivenda, está en marcha, e non lle faltará demasiado para ser unha realidade.

 

2.-Solicitamos ser informados de si se revisou a normativa municipal para introducir medidas favorecedoras de cohesión social e de atención ás familias afectadas por procedementos de execución hipotecaria e alugueres.

3.-Solicitamos informe detallado das conversas mantidas con ABANCA para obligalos a negociar cos afectados , debido ó abuso clarísimo que exercen con todos nós.

Supoñemos que neste tema tamén haberá avances. Pregamos nos fagan un informe detallado e, antes de que remate Setembro , esiximos ter una reunión na que estén presentes o Concello, representantes autorizados a negociar de ABANCA e Stop Desafiuzamentos. Neste punto imos ser inflexibles, si o resultado non é o esperado, teremos que utilizar tódolos medios de que dispoñemos, para así acadar os nosos obxectivos, que non son outros que facer xusticia para tódalas persoas que non se poden defender e pararlles os pés ós poderosos que xogan coas nosas vidas ó seu antoxo, e xúntanse de forma obscena con aqueles que deberían velar polos nosos intereses.

Non o imos consentir, imos a pelexar e alzar as nosas voces para que todo o mundo coñeza os atropellos que están a cometer os poderosos cos que só pretendemos defender que haxa xustiza, una xustiza xusta, non adaptada ós intereses dos de sempre.

Esperamos que teñamos que contar tamén, como este Concello de A Coruña está a colaborar cos seos cidadáns , que é o espírtu polo que naceu a formación política á que vostedes pertencen.

PREGAMOS QUE FAGAN UN ESCRITO RESPONDENDO A ESTOS TEMAS , E NOLO FAGAN CHEGAR POR ESCRITO.

ESIXIMOS  DATA PARA  REUNIÓN URXENTE CON ABANCA, O CONCELLO, E NOS MESMOS ; PARA RESOLVER OS CASOS XA COÑECIDOS.

Saudos.

Atte.-

@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook

Grupo de Stop Desahucios de A Coruña

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi