Información
Vertedero Municipal de A Coruña

A CIG leva novamente á Fiscalía a sentenza e nova documentación sobre as comisións ilegais do equipo de #XulioFerreiro no Concello da Coruña

Información
17 Noviembre 2018 329 votos

A sección sindical da CIG vén de solicitar á Fiscalía provincial que retome o proceso de investigación pola utilización fraudulenta do sistema de comisión de servizos para a provisión de postos de traballo no Concello da Coruña. A representación sindical presentara escrito na Fiscalía o pasado mes de xuño, mais daquela, o fiscal comunicou que se mantería á espera da resolución do proceso iniciado por estes mesmos feitos no xulgado do contencioso administrativo.

 

Unha  vez coñecida a sentenza, que declara ilegais máis de 150 comisións de servizo que superan o prazo máximo de dous anos, a representación sindical vén de trasladar esta resolución ao ministerio fiscal "para que actúe en consecuencia".

Xunto ao texto da sentenza, a sección sindical trasládalle unha listaxe das distintas comisións de servizo que continúan na actualidade, facendo mención ao posto, data de inicio, nalgúns casos a xustificación que deu lugar e notas relacionadas coas comisións. Pero ademais, a representación da CIG engade cinco expedientes con nova documentación que foron achegados polo propio Concello durante a celebración do xuízo, "para que a Fiscalía os revise e valore a súa legalidade".

Cómpre lembrar o xulgado do contencioso deu á razón na súa totalidade á demanda presentada pola CIG contra o Concello da Coruña polo uso irregular das comisións de servizo, ordenando o cese inmediato dos funcionarios e funcionarias que ocupan estas prazas de maneira ilegal, arredor dunhas 150 persoas, e condenando á administración local a pagar as costas.

Dende a sección sindical da CIG volveron apelar á responsabilidade do Goberno municipal para que de inmediato proceda a regularizar a adscrición do persoal funcionario, convoque un concurso "axustado a dereito" e garanta a carreira profesional á que teñen dereitos todos os empregados e empregadas das administracións.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!