Miño será a capital das letras

Información
10 Julio 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 294 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Reunirá a case 90 escritores e levaranse a cabo actividades literarias, musicais e humorísticas

 
Miño, mércores 11 de xullo de 2024.-
 
A localidade coruñesa de Miño converterase na capital galega das letras coa realización da terceira edición da Feira da Cultura EnCamiño, que terá lugar entre os días 19, 20 e 21 de xullo.  O evento reunirá a case noventa escritores, entre os que destacan nomes como os premios nacionais Yolanda Castaño e Manuel Rivas, os dos últimos Premios Xerais, Pedro Feijóo e Marta Villar, e autores do panorama literario galego e nacional como Arantza Portabales, Ana Lena Rivera, Alba Carballal, Diego Ameixeiras, Sica Romero ou May. R. Ayamonte entre outros moitos. Durante as tres xornadas levaranse a cabo máis de vinte actividades culturais como conversas literarias e sinaturas de exemplares, espectáculos infantís ou a actuación humorística das Izquierdo Sister e o concerto de Soul & Roll, así como encontros literarios con clubes de lectura, que se desenvolverán no restaurante local A Carboeira.  A xornada do domingo 21 de xullo estará adicada á poesía. Destacan na súa programación o roteiro poético “Metanoia dos sentidos”, na que os participantes atravesarán o entorno privilexiado da Senda dos Sentidos e asistirán a micro recitais dos poetas Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Lúa Mosquetera e Sol Mariño, ademáis da realización do micro aberto de poesía Cerimonia de Gaivotas, que coordina a escritora Branca Trigo.  Contará tamén coa presenza das editoras Embora, Malafera, Cuarto de Inverno, Knowmadas Books e Mundos Flotantes, que virán dende Murcia e Madrid respectivamente, e as librarías Pilar, Pedreira e Lume, que formarán entre todos os puntos de venda de libros para o público asistente. Unha das novidades desta edición é a incorporación da artesanía e da fotografía da man dos stands de La Platanera e Cando chove e fai sol.A feira, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Diputación da Coruña, desenvolverá as súas actividades nas Pistas do Rabazal, no centro da localidade, que tornará no epicentro literario e cultural do verán galego con este evento que fará a ledicia dos amantes dos libros e da cultura. 

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV