O BNG conseguiu o apoio unánime do Pleno para as súas propostas de apoio ás familias pola volta á escola

Información
02 Octubre 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 336 votos

Amelia_Sánchez.jpeg

Desde o BNG pediron que o goberno local negocie coas compañías de transporte colectivo o estabelecemento de liñas de transporte que unan o noso concello cos campus universitarios e cos CIFP da nosa contorna

O BNG conseguiu tamén o compromiso do goberno de crear unha liña de bolsas de apoio ao transporte e á compra de material escolar

Amelia Sánchez: “apostamos tamén pola creación dunha liña de axudas para a matrícula do Conservatorio e da Escola Municipal de Folclore atendendo a criterios de capacidade económica das familias”

Betanzos, 1 outubro de 2024.- O pleno apoiou por unanimidade a proposta do BNG para apoiar ás familias pola volta á escola. “Nas semanas pasadas, en concreto o día 11 de setembro, produciuse o inicio do curso escolar no ensino obrigatorio, o que significa, na práctica, un gasto extra para as familias con fillos e fillas en calquera etapa educativa”, explicou a voceira do BNG, Amelia Sánchez.

“Ao longo dos últimos anos, no Bloque Nacionalista Galego vimos reclamando ao  goberno local que adopte medidas para apoiar estas familias, un apoio que se fai especialmente necesario nun contexto como o que estamos a vivir: sumidas nunha fortísima crise económica marcada pola alza dos prezos”, engadiu Sánchez. 

Desde o BNG pediron que o goberno local negocie coas compañías de transporte colectivo o estabelecemento de liñas de transporte que unan o noso concello cos campus universitarios e cos CIFP da nosa contorna. “O noso concello está, en xeral, mal comunicado cos campus académicos así como cos centros integrados de formación profesional da nosa proximidade. Esta necesidade viuse agravada nos últimos anos polo plan de transporte da Xunta de Galiza, que recortou notabelmente as posibilidades de moverse en transporte público da nosa veciñanza”, engadiu a portavoz do BNG. 

O BNG conseguiu tamén o compromiso do goberno de crear unha liña de bolsas de apoio ao transporte e á compra de material escolar. “Antes da pandemia da Covid-19 o Concello de Betanzos ofrecía á veciñanza unha liña de axudas para a adquisición de material escolar. Estas bolsas desapareceron, foron substituídas por outras axudas para a compra de equipos informáticos e novamente ficaron no baleiro. 

No BNG consideramos imprescindíbel que se retomen estas axudas, especialmente naquelas etapas de ensino non obrigatorio en que non existen outro tipo de bolsas para a adquisición de material e dado o incremento de prezos deste material”, indicou Amelia Sánchez. 

A nacionalista conseguiu tamén o apoio unánime do Pleno para estabelecer unha liña de axudas para a matrícula do Conservatorio e da Escola Municipal de Folclore de Betanzos que atenda a criterios puramente económicos. 

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV