Primeira xornada da folga indefinida no centro Beatriz Seijo Studio Art + Gallery á que lle seguirán outras mobilizacións

Información
11 Septiembre 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 979 votos

Nun comunicado lido ao final da concentración, a delegada sindical da CIG agradeceu en nome de todas as traballadoras o grande apoio que están a ter entre o alumnado deste centro de ensinanzas artísticas ubicado en Santa Marta -mesmo algún acudiu á protesta-, así como o esforzo que toda esta situación supón para as familias. O comité de folga quere lembrar a este respecto que a convocatoria tamén responde a necesidades dos usuarios, nun centro cunhas ratios que impiden desenvolver as clases coa normalidade e calidade necesarias e que non conta cun plan de seguridade específico para cada actividade.

As traballadoras editaron un documento e leron un manifesto nos que explican por que foi preciso chegar a tomar esta decisión drástica, despois de varios meses de conflitos e de non ver respectados os seus dereitos máis básicos. Ata o momento a empresa só respondeu con desaires, soberbia e faltas de respecto aos intentos de negociación por parte do comité de folga. Só 24 horas antes de terse iniciado este paro, os seus responsábeis intentaron un tímido pero insuficiente achegamento aceptando verbalmente algunhas das cuestións plantexadas pero sen citar as máis relevantes, como a readmisión da traballadora despedida e que levaba máis de un ano cunha vinculación laboral de falsa autónoma coa empresa, a equiparación salarial de todo o persoal e o cumprimento do convenio no tocante ao calendario laboral, rexistro horario, compensación de horas extras, así como a regularización das categorías profesionais e da súa antigüidade.

 

Máis mobilizacións e actividades reivindicativas 

Ademais de continuar coa folga indefinida, que supón un enorme esforzo económico para o persoal que a secunda, anunciaron que van levar a cabo máis mobilizacións e accións reivindicativas para dar a coñecer a problemática que se vive neste centro desde hai meses. Entre esas accións destacan:

  •  Mañá xoves día 12, as 17h, no paseo fronte ao centro de traballo en Santa Marta:

Aula aberta reinvindicativa á que convidan a todo o alumnado da academia a asistir e na que combinarán a ensinanza artística coa exposición da súa situación laboral.

  • Martes 17 de setembro ás 12h, diante do centro de traballo, realizarán unha nova concentración
  • Martes 17 de setembro ás 17h, aula aberta reinvindicativa.
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV