Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Ecoloxistas en Acción Galiza apela ao sentido común e pide que non se continue inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte

Información
09 Abril 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2028 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza pide á Xefatura da Vicepresidencia primeira que recue na tramitación do proxecto eólico Monteagudo polos severos impactos visuais e paisaxísticos que produciría sobre o sistema lagunar de Baldaio.

Segundo Ecoloxistas en Acción Galiza, a protección do litoral que se aplicou cos fallidos proxectos eólicos de Soesto e Monte Chan, no municipio costeiro de Laxe, debera estenderse aos municipios costeiros de Carballo e A Laracha e aos proxectos Monteagudo e Monte Neme, para non afectar ás aves e á Rede Natura

A asociación ecoloxista alega que o proxecto industrial eólico da mercantil Acciona produce unha especial incidencia visual e  paisaxística na Zona de Especial Conservación ZEC Costa da Morte, que a súa vez é Zona de Especial Protección para as Aves ZEPA, International Bird Area (IBA) e Espazo Mariño ZEPA.

Ademais, o proxecto está incluído dentro do ámbito de aplicación do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras, catalogada en perigo de extinción, e afectará a varias especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción. De realizarse o proxecto, haberá unha afección irreversible para a herpetofauna e importantes comunidades de briófitas.

Dende un punto de vista urbanístico, parte das instalacións atópanse no ámbito de aplicación do Plan de ordenación do litoral de Galicia e inclúe un área de protección. De feito, na parte correspondente ao concello de Carballo, domina a clasificación de solo rústico de especial protección paisaxística establecida polo PXOM.

O proxecto vai en contra da prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial, afectando de forma severa e irreversible á necesaria coherencia da Rede Natura 2000, tendo en conta ademáis que se sitúa nunha contorna onde xa hai unha presión eólica excesiva. Hai que ter en conta que o proxecto eólico do Monte Neme, ubicado na zona costeira da Costa da Morte conta xa con Declaración de impacto ambiental favorable.

Por outra banda, a asociación Ecoloxistas Galiza considera que o impacto paisaxístico e visual é inasumible. As instalacións do proxecto industrial eliminan a funcionalidade paisaxística das AEIP (areas de especial interese paisaxístico) e afectan aos espazos próximos da Rede Natura 2000 e á rede de miradoiros con particular afección sobre a Lagoa de Baldaio.

A Declaración de impacto ambiental do proxecto eólico Monteagudo indica literalmente:

“O principal impacto paisaxístico deste proxecto será a incidencia visual producida polos aeroxeradores, que pola súa forma e altura, serán visibles desde unha ampla extensión de terreos e a longas distancias; esta incidencia perdurará durante todo o tempo en que estean instalados os aeroxeradores, e verase incrementada polo efecto sinérxico derivado da presenza doutros parques eólicos na contorna. Neste caso, entre as zonas afectadas pola incidencia visual cabe destacar a vila de Caión, o seu contorno e a praia de Baldaio, así como os numerosos miradoiros e demais núcleos de poboación próximos”.

De realizarse o proxecto, haberá unha moi grave perda da funcionalidade paisaxística en áreas de especial interese, e afectará de forma severa e irreversible á conectividade ecolóxica dos espazos naturais de alto valor ecolóxico, pola afección aos hábitats , os procesos erosivos e de perda de humus (capa fértil dos chans) que se xeran coas cimentacións eólicas e demais infraestruturas asociadas. Segundo a Zonificación ambiental establecida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico parte da poligonal localízase sobre zonas non recomendadas para a implantación da enerxía eólica.

Por último, a asociación lembra que o impacto paisaxístico e a descontextualización do patrimonio cultural é inasumible. Apélase por tanto ao sentido común e prégase  que non se continúe inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV