O Tribunal Superior de Xustiza paraliza a mina da Penouta

Información
18 Octubre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1586 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Ecoloxistas en Acción ven denunciando desde fai anos os impactos da explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo, incluíndo os vertidos de residuos nos regos da zona e que afectan ao LIC Pena Trevinca, en Rede Natura 2000. Agora a sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de darlle a razón ao suspender cautelarmente a resolución da Xunta que fai un ano autorizou o proxecto de explotación da mina. Para Ecoloxistas en Acción este é un primeiro paso cara a anulación da autorización da mina de estaño e tantalio da Penouta, propiedade da canadense Strategic Minerals. 


A pesar das advertencias e alegacións de da organización ecoloxistas, a Xunta de Galicia dictou en marzo de 2022 unha Declaración de Impacto Ambiental favorable que permitiu á empresa iniciar a explotación a ceo aberto, incrementando os impactos ambientais sen que se avaliaran adecuadamente a afección á Rede Natura 2000, hidroloxía e vivendas próximas na aldea da Penouta. Agora reclaman á Xunta que respecte a decisión xudicial e ordene a paralización inmediata da actividade mineira en cumprimento do auto. 


“Agardamos que o Goberno galego cumpla axiña co dictamen do auto xudicial. De non o facer, iniciaramos accións executorias e reclamaremos a responsabilidade persoal dos funcionarios e altos cargos polos impactos xerados”, recalca Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.


A organización ecoloxista está satisfeita coa decisión xudicial e lembra que desde 2018 a Confederación Hidrográfica Miño-Sil iniciou varios expedientes sancionadores contra a mina por denuncias do servizo municipal de augas, da poboación afectada e tamén dos ecoloxista. 


Expedientes sancionadores que foron apreciados polo Tribunal á hora de dictar o auto de medidas cautelares, xa que este longo historial de sancións por  vertidos demostra o xeito de operar da minería. Así, en 2018 a empresa foi sancionada por vertedura directa, sen autorización administrativa, de augas de escorremento procedentes da explotación  mineira ao leito do rego da Treita de Cortiñas. Meses despois, o mesmo organismo hidráulico voltaba a sancionar á empresa polas verteduras derivadas da falla crítica dunha das balsas da explotación, unha vez máis causando danos ao dominio público hidráulico. Logo, en 2021, mentres se realizaba a avaliación de impacto ambiental do novo proxecto, foi imposta unha sanción máis polo derrame de lodos afectando ao rego da Treita de Cortiñas e ao río do Rosario.


Demandan acción por parte da Confederación


Ecoloxistas en Acción ten denunciado que, segundo informes que posúe a administración galega,  as masas de auga  de Treita de Cortiñas, Rego de Valdafranca e Rego dos Corvos superan en varias ordes de magnitude os valores máximos permitidos para arsénico, mercurio, cadmio e chumbo, todas elas substancias perigosas prioritarias, altamente tóxicas e no caso dalgunhas delas canceríxenas. A contaminación ten afectado ás propias captacións de auga da vila de Viana do Bolo, onde xa se tivo que interrumpir o subministro. Situación pola cal, a organización ecoloxista mesmo lle fixo chegar ao Concello de Viana un informe sobre os impactos na saúde que pode provocar a exposición prolongada a estas substancias tóxicas.


Non obstante, para a organización ecoloxista é sorprendente que todas as analíticas realizadas pola Confederación Hidrográfica omitisen precisamente os parámetros arsénico, mercurio, cadmio e chumbo, permitindo que a empresa conseguise evitar sancións moito máis altas polo incumprimento das Normas de Calidade Ambiental e que mesmo se arquivasen algúns procedementos. Ecoloxistas en Acción advirte que a mineira está tentando facer pasar a contaminación existente por algo natural, como xa tentaran, sen éxito, as minas de Touro e San Finx e así evitar responsabilidades

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV