Pediremos ao PP de Nigrán que asuma todas as custas causadas ao Concello por denuncia falsa.

Información
15 Diciembre 2023 - Hoy es noticia - 1151 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Alfonso Rueda en los Disturbios Callejeros abandonando su función pública  en un autobús privado a lo Donal TRAMP, perdón "TRAMPA". - Xornal Galicia  ExclusivoA FISCALÍA ARQUIVA A DENUNCIA REALIZADA POLO PP EN CAMPAÑA ELECTORAL CONTRA O ALCALDE DE NIGRÁN POLO PAGO DE FACTURAS ENTRE 2018 E 2022

O Ministerio Público non aprecia delito algún e notifica o arquivo da causa. "Xa o dixen no seu momento: en política non vale todo para rascar votos", considera Juan González.

"Pediremos ao PP de Nigrán que asuma todas as custas causadas por esa denuncia realizada unha semana antes das eleccións municipáis coa única intención de adulterar os resultados"

Nigrán, 14/12/23.- A Fiscalía de área de Vigo notificou oficialmente este luns 11 de decembro o arquivo da denuncia realizada polo PP de Nigrán en maio contra o alcalde do municipio polo pago de facturas entre 2018 e 2022. Segundo remite o Ministerio Público no seu escrito "se procede a su archivo al no acreditarse que los hechos denunciados revistan caracteres de delito".

Ante o ditame, o rexedor anuncia que no vindeiro pleno esixirá responsabilidades políticas á portavoz do PP, María José Pino, e tamén económicas. "Pediremos ao PP de Nigrán que asuma todas as custas causadas ao Concello por esa denuncia realizada unha semana antes das eleccións municipais coa única intención de adulterar os resultados, cuestión totalmente censurable", advirte Juan González, quen lamenta a falta de ética do PP neste asunto. "O labor da oposición estamos de acordo que é de fiscalización do goberno, pero cando agardan a estar en plena campaña electoral para denunciar algo que segundo eles sucede desde 2018, demostran que o único que lles importa é chegar ao poder aínda que sexa con mentiras. Xa o dixen no seu momento: en política non vale todo para rascar votos", considera o rexedor, quen, pese a este intento de adulterar as votacións, goberna cunha gran maioría absoluta de 11 concelleiros nunha corporación de 17. "O PP baseou a súa campaña nesta denuncia, con notas de prensa e fotos que foron publicadas amplamente nalgúns medios, un xogo sucio no que desde logo nos nunca imos entrar", finaliza.

Segundo recolle a propia notificación da Fiscalía, a existencia de contratación verbal non supón "que no exista expediente de contratación menor, con fiscalización previa del gasto, factura y abono del gasto, así como que no haya rigor en el control del servicio u obra contratada o en cumplimiento de los requisitos legales exigidos a la empresa". Neste sentido, indica que "no se observa fraccionamiento del gasto para adjudicar el servicio siempre a las mismas empresas al margen de los procedimientos de adjudicación legalmente establecidos y con fraude de los mismos, ni tampoco la adjudicación contraria a los principios de transparencia o libre concurrencia o con el ánimo de crear redes clientelares de empresas para favorecer a particulares".

"Quixeron confundir á veciñanza pero o certo é que, pese a todo, o resultado electoral quedou claro nas furnas. A cidadanía non quere política sucia, quere boa xestión e feitos que o demostren, como é o caso, cunhas contas saneadas e auditadas, 0 débedas, sen empréstito algún e con superávit desde hai anos", finaliza González.

Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1151