A resposta da Xunta a manifestacion 12 obradoiro mais privatizacion

Información
14 Febrero 2023 - Sergas - 14718 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

arquitecturapiramidaldesociedades nachovidalTras a gran manifestación do pasado dia 12 de marzo no Obradoiro con máis de 50.000 persoas que encheron a praza e colapsaron Santiago, a Conselleria de Sanidade informa de que vai realizar de maneira inmediata negociacións coa patronal de Hospitais privados e cos Colexios de Médicos para suprimir a dedicación exclusiva do persoal medico que traballa nos hospitais públicos e permitirlles que traballen tamén na privada:

Para a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esta decisión supón:

1.- Que a Xunta de Galicia e a Conselleria de Sanidade en lugar de escoitar o clamor social e de boa parte dos traballadores/as sanitarios en Defensa da Sanidade Publica, pretende avanzar na Privatización

2.- Grazas ás políticas de desmantelamento do sistema sanitario Público e a dobre dedicación publico privada (promovidas o Partido Popular as Comunidades onde goberna) a sanidade pública perdeu o ano pasado 4.200 traballadores mentres que a privada gaño 9.500

3.- A Patronal da Sanidade Privada Galega (Ahosgal), con presenza de multinacionais e fondos de investimento estranxeiros, recoñeceu recentemente que necesita 120 médicos máis para atender os concertos con publíca. Neste mesmo senso o presidente da Alianza da Sanidade Privada Española pedía hai dous anos, regular por lei que todos os médicos de publícaa roten polo sector privado para evitar a falta de médicos dos Hospitais Privados.

4.- Os Colexios de Medicos Galegos, o outro actor da negociación, carece de representatividade no , xa que os seus órganos de dirección están elixidos por menos do 10% da profesión (votan nas eleccións) e teñen graves conflitos de interese.

5.- A poboación rexeita maioritariamente a dedicación publico privada 66% (ultima enquisa) , fronte ao 17% que a valora positiva.

6.- Os seguros privados creceron un 20% o ultimo anos en Galicia (por falta de persoal médico, listas de espera ou consultas telefónicas), con todo novamente o presidente da patronal privada Carlos Rus recoñecían que as urxencias privadas tamén están saturadas por falta de persoal e por unhas pólizas de seguros de baixo custo, polo que pedía maior flexibilidade de profesionais (compaxinar publica e privada).

Por todo isto desde a nosa Asociación denunciamos que a resposta da Xunta  a gran manifestacion do dia 12 e mais privatizacion e  reiteramos a exixencia de que se paralice esta medida ) 

Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Sergas
Visto: 14718