Nota de prensa da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP):
Recentemente a Asociación de Hospitais de Galicia (Ahosgal), patronal dá sanidade privada, que agrupa aos principais grupos sanitarios Privados, como Quirón, Ribeira Salud, Hospitas de Madrid (HM), Hospitais Vithas, nomeou xerente a Manuel López-Pardo irmán de Estrella López-Pardo, Xerente do Servizo Galego de Saúde desde agosto de 2022.
Este nomeamento, evidencia as estreitas relacións e os conflitos de interese, entre a administración sanitaria pública e a patronal de hospitais privados. Unha parte importante dos ingresos dá sanidade privada proceden do orzamento público (de todo o pobo).
A patronal Ahosgal, recoñeceu recentemente que necesitaba 120 médicxs máis, para atender a actividade concertada co SERGAS. Esta demanda, explicaría por que a Administración Sanitaria Galega acorde agora suprimir a dedicación exclusiva do persoal médicx que traballa nos hospitais públicos, para que traballen tamén na privada. O pluriemprego médico asociase con menores salarios.
Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+ En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....! Ver más..+
#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ CAPÍTULO 1 DE 7..+ - CAPITULO 2 de 7..+ - CAPITULO 3 de 7..+ CAPITULO 4 de 7..+ CAPITULO 5 de 7..+ CAPITULO 6 de 7..+ Capítulo 7 de 7...+ - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+ - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+ - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..
A práctica simultánea no sector público e privado, leva consigo, importantes conflitos de interese, que perxudican ao Sistema Sanitario Público e á poboación, por favorecer un maior absentismo e evasión de tarefas, desvío de pacientes ao sector privado, demanda inducida e selección de pacientes, uso indebido de recursos públicos para fins privados ou alteracións nas listas de espera. Aparte de ser contraio a Lei de Saúde de Galicia.
Esta decisión, nun momento de falta de persoal médico nos hospitais públicos, asociado co crecemento exponencial das listas de agarda e a parálise se servizos, e inexplicable ademáis desde unha óptica empresarial. A exixencia de dedicación exclusiva é unha práctica habitual das empresas co persoal de alta cualificación. E faise, para FIDELIZAR que xs profesionais traballen só na Pública.
Desde a AGDSP, denunciamos a connivencia e a máis que estreita relación da Administración Galega coa Patronal Privada (rexeitable dende a ética e a estética), que explica a estratexia de desmantelamento do Sistema Sanitario Público por parte do PP, que ten como obxectivo fundamental a potenciación do sector empresarial hospitalario e a privatización.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública