Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

AGDSP despilfarro e T de influencias novo hospital Pontevedra

Información
07 Abril 2024 - Son Noticia - Correo electrónico - Imprimir - 521 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Dende a AGDSP, dicimos que o pomposamente denominado hospital Gran Montecelo pola Xunta de Galicia, ten unha historia de multiplicación de custos,  tráfico de influenzas,  apropiación por multinacionais do patrimonio sanitario galego e que non resolverá os problemas sanitarios ao non incrementar as camas,  quirófanos  e equipamento .  Expoñemos o seguinte:

1.- Incremento exponencial do seu custo:

En maio de 2020, a Xunta de Galicia do PP, licita a 1ª fase da ampliación do Hospital de Montecelo por 115 M de euros. A 2ª fase, a reforma do edificio actual, sumaría 25 M de euros máis, con un total de 140 M e un prazo de execución de 42 meses.

Ca escusa da Covid, anúlase a licitación previa e realízase unha nova en agosto de 2020. O proxecto do Hospital de Pontevedra adxudícase a unha UTE de empresas construtoras por 130 M de euros, un incremento de 15 M de euros (+13%).

As obras inícianse en maio de 2021 e Feijoo anuncia unha rebaixa importante (e imposible) do tempo de execución, que pasaría de 42 a 30 meses, cunha data de finalización das obras prevista para o pasado decembro do 2023.

Finalmente salta a noticia bomba, o Novo hospital non custará 140M, nin sequera 155M, senón como mínimo 300 millóns de euros, 170 M o novo edificio (un 48% maior que o custo inicial) e 40 M a reforma do antigo edificio (60% superior).

2.- A pesar disto o aumento de recursos é ínfimo e insuficiente:

Un novo hospital enormemente custoso que só incrementará un 10% as súas camas (as restantes 60 camas non estarán en funcionamento nin van reducir as listas de agarda, xa que únicamente habilitaríanse para grandes catástrofes), só incrementa en 2 os quirófanos actuais e non disporá nin de PET-TAC (unha tecnoloxía que custa ao redor de 2 millóns de euros e que se utiliza no diagnóstico de múltiples cancros). Desta forma os pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e do Salnés seguirán sufrindo demoras ao ter que depender doutros hospitais.

3.- Tráfico de influenzas que beneficia á multinacionais chinesas, francesas e grupos de investimento internacional:

-- Da UTE adxudicataria do Hospital de Pontevedra forman parte as empresas Puentes e Calzadas e Copasa.

- Puentes  e Calzadas: moi vinculada ao PP galego, foi vendida a unha empresa Chinesa a CRBC “China Road and Bridge Corporation”, pertencente ao grupo chinés CCCC, implicado en subornos en diversos países do mundo.

- Copasa: empresa salpicada en casos de pagos de comisións e denunciada por fallos estruturais nos seus edificios e enormes demoras nos seus proxectos, que mesmo acabaron en rescisións dos seus contratos.

- Coa venda de Puentes o grupo chinés CRBC, éste pasou a formar parte da UTE que xestiona o Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo,  xunto con Acciona, que tamén vendeu a súa parte do hospital de Vigo ao fondo francés Meridian, con sede no paraíso fiscal de Luxemburgo, e xunto con Concessia, que vendeu a súa parte ao fondo de investimento internacional RiverRock.

- RiverRock afirma “atoparse moi satisfeita pola adquisición xa que o proxecto da Xunta permite ás empresas privadas actuar “nun dos maiores hospitais públicos de España”, ademáis de recibir un canon anual que aumenta coa inflación e do que a empresa se poderá beneficiar ata setembro de 2035.

4.- Continúa na senda iniciada coa desastrosa privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo:

Todos sabemos o que supuxo a privatización da xestión do Hospital Alvaro Cunqueiro  de Vigo, que sufriu severos recortes estruturais e en dotación a pesar de supoñer unha sangría continuada ás arcas públicas para o maior lucro das empresas construtoras, en liña co que está a pasar en Pontevedra, cun aumento disparatado do custo do novo hospital sen incrementar a calidade dos materiais, a sustentabilidade ambiental do proxecto nin a dotación de camas ou tecnoloxía, en mans dunha UTE participada por empresas estranxeiras con mala reputación, á que a Xunta de Galicia multiplicoulle os seus beneficios. Rueda cederá a estas empresas ademáis a xestión da nova cafetería e o aparcamento privado, que a saber o que lles custará a profesionais e pacientes.

Dende a AGDSP exiximos que o tema da construción do novo hospital de Montecelo debe ter unha auditoría previa do Consello de Contas  e unha Comisión de Investigación.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV