VIRAXES, S.L., tentou corrixir os incumprimentos contractuais, despois da intervención da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS)

Información
06 Abril 2024 - Son Noticia - 443 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

- A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia que a concesionaria do Centro Deportivo Municipal (CDM) do Castrillón, VIRAXES, S.L., tentou corrixir os incumprimentos contractuais, despois da intervención da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS).

Tras recibir a comunicación da IPTSS, na que esixía a presentación de diversa documentación (contratos de traballo, nóminas, rexistro de xornadas de traballo, etc.), tanto o xerente, como a administradora de VIRAXES, S.L., puxéronse en contacto con traballadores/as actuais, e mesmo chamaron a algún traballador que fora despedido con anterioridade, para que acudisen a asinar as nóminas e a cobrar os atrasos correspondentes. Temos constancia de que a todos eles se les fixo entrega de sobres con diñeiro en efectivo. VIRAXES, S.L., leva xestionando o servizo, irregularmente, case un ano, tempo que utilizou para deteriorar a prestación do servizo, para despedir a máis da metade do persoal que iniciou a prestación, do contrato de posta en funcionamento, prexudicando a traballadores/as e a usuarios/as. Levamos meses denunciando irregularidades e incumprimentos, tanto na prestación do servizo, como na contratación de persoal, tan graves como: obrigar aos traballadores para facer, simultaneamente, de socorrista e de monitor; non abonar os complementos de nocturnidade ou toxicidade; non contar ese CDM, desde hai meses, coa figura do Director-Coordinador; e, agora, tivemos coñecemento de que modifica e cambia, ao seu antollo, a xornada laboral, como sucede en recepción, onde se reduciu a xornada dun traballador, para darlle ese “paquete de horas” a un terceiro, beneficiando a esta terceira persoa, ou que haxa 2 monitores de sala e 2 traballadores de recepción que traballan 7 días seguidos, como represalia. Por todo iso, desde USO non entendemos como EMVSA, como entidade contratante e responsable do servizo, leva, desde hai 9 meses, allea a toda a problemática existente, non tomando as medidas oportunas respecto diso, e converténdose, desta maneira, en cómplice de todas as irregularidades contractuais e laborais que vén cometendo a empresa VIRAXES, S.L

Categoría: Son Noticia
Visto: 443
Attachments