“SUMA E SEGUE” NA CASCADA DE RENUNCIAS POLO DETERIORO DA SANIDADE PÚBLICA LOGO DUNHA DÉCADA DE RECORTES DO PP

Información
29 Diciembre 2022 - Actualidad - 5793 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Julio Torrado 291122 02O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, esixiulle hoxe ao goberno galego que reforce o persoal sanitario en Atención Primaria e nos servizos vertebrais dos hospitais. Esta será, dixo, a única vía para frear a cascada de renuncias dos profesionais sanitarios en protesta polas condicións provocadas logo dunha “década de recortes” polos gobernos do PP.

O responsable socialista denunciou que o presidente da Xunta se manteña “agochado”, parapetado dentro dunha Xunta “inmóbil”, aos que lles esixiu que movan ficha para levar adiante o “reforzo estratéxico” da sanidade pública galega, levada ao límite por anos de desmantelamento que “hoxe nos poñen nesta situación”.

 

Torrado fixo un relatorio do “goteo incesante” de renuncias en protesta pola xestión desastrosa da sanidade pública por parte do PP. Lembrou a renuncia en bloque dos xefes de Atención Primaria de Vigo en 2019, que protestaban por verse obrigados a “xestionar a miseria”, provocando unha situación que a día de hoxe non puido ser resolta polo goberno galego, que mantén varias destas xefaturas baleiras.

 

A continuación dimitiron os xefes de Medicina Interna de Santiago e Ourense pola negativa da Consellería a reforzar a plantilla, e que permanece impasible diante dos problemas dos profesionais coa dirección nos servizos de Urxencias, Raios ou Otorrinolaringoloxía de Santiago. Tamén marchou a xefa de Procesos Asistenciais de Pontevedra – Salnés, inmediatamente despois de que mudaran ao xerente da área este mesmo verán.

 

Lembra ademais que os profesionais manteñen unha ameaza de folga para o mes de xaneiro mentres o Sergas se negue a abrir a negociación sobre as melloras do sistema, e a dirección política estea cuestionada logo de que o Colexio Médico de Pontevedra declarara ao conselleiro “interlocutor non válido”.

Categoría: Actualidad
Visto: 5793