Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán de rogar, este sábado se celebra la etapa Nauta Sanxenxo, quinta de la Regata Interclubes de la Ría de Pontevedra que de esta forma entra ya en la recta final de este evento para embarcaciones clase crucero que están organizando en conjunto el Royachts Club de Combarro, Real Club Náutico de Sanxenxo, Real Club de Mar de Aguete, Club Náutico Portonovo, Club Náutico de Beluso y Comisión Naval de Regatas de la ENM que cuentan para hacerlo con la colaboración de los Concellos de Marín, Poio y Sanxenxo que patrocinan las etapas correspondientes a los clubes con base en sus demarcaciones, así como la colaboración también de las firmas Froiz, ABANCA, North Sails, Murimar seguros, Opticalia Campelo, Efectos Navales Jesús Betanzos, Landín informática, Marina Nauta Sanxenxo y Servinauta Sanxenxo.

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal , onde tamén está dispoñible o formulario de inscrición. Nas bases recóllense, por exemplo, as cinco categorías nas que se pode participar: maio cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barcos. Ademais de presentar a composición floral, os grupos poden participar con ou sen coplillas. Os premios máis elevados correspóndense cos maios máis laboriosos e de maiores dimensións, como son os cónicos e artísticos. En ámbolos dous casos as axudas son de 80 euros para participantes que non acheguen letras. A os grupos que leven coplas daráselles 100 euros se suman un mínimo de 10 integrantes e 200 euros se son grupos de máis de 25 compoñentes.

Información
Agenda de Galicia

“XANTAR DA LAMPREA” DE LA “LIX FESTA DA LAMPREA”

Información
Localidades de Galicia 21 Marzo 2019 71 votos

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará en el restaurante “Os Pirús”, uno de los actos centrales de la próxima “LIX Festa da Lamprea” (26, 27 y 28 de Abril), el “Xantar da Lamprea”. Los interesados en acudir a esta cita tienen de plazo hasta el 24 de abril para realizar el pago de 45€ por comensal, que pueden ingresar en la cuenta Abanca 2080-5011-8230-4000-6781.

Información
Agenda de Galicia

Uns 20 colectivos súmanse á deseucaliptización simultánea de Galicia

Información
Localidades de Galicia 20 Marzo 2019 95 votos

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da plataforma a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, para sumarse a unha deseucaliptización simultánea en Galiza, con motivo do Día Mundial Forestal ou dos Bosques.

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias exactas, coa celebración da LV Olimpíada Matemática". Así o expresou hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación deste certame, que reúne en Ourense do 21 ao 24 de marzo aos 78 estudantes de ESO e Bacharelato de toda España que disputarán a fase final deste concurso, que premia aos xóvenes que máis destacan en matemáticas.

Información
Agenda de Galicia

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, en Lugo

Información
Localidades de Galicia 19 Marzo 2019 91 votos
Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda Narración Oral con tres funcións a cargo de Fátima Fernández, Pablo Albo e Celso F. Sanmartín.
 
Nos días seguintes imos ampliar a actividade ata Guitiriz, Monforte de Lemos, A Fonsagrada e Viveiro e ímosvos informar de todas as nosas actividades.

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este xoves, 21 de marzo, a Real Academia Galega. A institución dedicaralle ao escritor e académico o Día Mundial da Poesía cun recital público no que voces das letras galegas de distintas xeracións lerán e comentarán poemas do autor, un dos grandes nomes da xeración dos 50. A parte musical correrá a cargo de Miro Casabella, que converteu versos do homenaxeado en cancións. O académico de honra Arcadio López-Casanova, compañeiro naqueles anos, asina a loanza da homenaxe.

Aries DSOComo lembra o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, remata así “un inverno que na comarca de Compostela choveu por baixo da media”. Segundo os rexistros do profesor Docobo, este inverno 2018-19 é o décimo máis seco dos últimos 50 anos en Santiago de Compostela aínda que “os 347,7 litros/m2 recollidos na estación meteorolóxica do Observatorio universitario distan bastante daquel inverno de 2011-12 no que só se mediran 100,8 l/m2”. A media dos últimos 50 invernos en Compostela está en 600 l/m2.

En opinión do director do Observatorio Astronómico da USC, é curioso destacar que dos invernos mais chuviosos desta listaxe de 50 anos houbo catro que pasaron dos mil litros/m2, e tres deles corresponden ao século XXI, “o cal en certo modo desmitifica a crenza popular de que antes chovía mais que agora". Concretamente, estes rexistros producíronse nos invernos de 2000-2001 (1.445,7 l/m2), 2013-2014 (1.202,7 l/m2) e 2009-2010 (1.091,7 l/m2).

Como explica José Ángel Docobo, nestes días “estamos na época do ano na que o Sol está practicamente o mesmo tempo por riba que por baixo do horizonte, saíndo exactamente polo leste e poñéndose xusto no oeste”. A nova estación prolongarase ata as 17.54 horas do 21 de xuño, o que a converte na segunda estación pola súa duración (92,75 dias) logo do verán (93,66 dias).

Durante o período que agora comeza produciranse dúas choivas de estrelas, as Líridas en torno ao 22 de abril e as Eta-Acuáridas no inicio de maio. Serán igualmente salientables algunhas aliñacións de astros, como a da Lúa cos planetas Mercurio, Venus, Xúpiter e Saturno nos amenceres do 30 e 31 de marzo. Haberá que agardar ao verán para poder contemplar unha eclipse parcial de Lúa.

Información
Agenda de Galicia

Camiño de Santiago en kaiak de mar

Información
Localidades de Galicia 18 Marzo 2019 81 votos

Hoxe luns, 18 de marzo, ás 12 h na casa do concello terá lugar a presentación do Camiño de Santiago en kaiak de mar que se vai realizar o 18, 19, 20 e 21 de abril, con saída dende Tui.

Comparecerán ante os medios comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a responsables desta iniciativa.

lineaazul 1600

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600