Información
Agenda de Galicia

80 colexios participan no concurso Contádenos o voso Día das Letras

Información
Localidades de Galicia 31 Julio 2018 2558 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 relación dos proxectos escolares arredor de María Victoria Moreno que resulten gañadores darase a coñecer en setembro. A entrega dos premios celebrarase na sede da Academia no mes de outubro

  • A participación medrou un 15 % con respecto á primeira edición

     

 Oitenta e dous centros educativos de toda Galicia participaron na segunda edición do concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado pola Real Academia Galega no marco do proxecto web Primavera das Letras, que fornece a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos lúdicos e didácticos arredor da figura homenaxeada o 17 de maio. A relación de traballos sobre María Victoria Moreno premiados darase a coñecer no mes de setembro e os galardóns serán entregados nun acto que terá lugar na sede da institución o vindeiro outubro.

A RAG puxo en marcha o concurso Contádenos o voso Día das Letras en 2017, cadrando co Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares. Na primeira edición participaron 70 centros educativos, cifra que sobe desta volta ata os 82, o que representa un incremento do 15%. Preto da metade dos colexios que participan nesta ocasión son da provincia da Coruña. Outros 25 son da provincia de Pontevedra e Lugo e Ourense están representadas a través doutros 9 centros educativos cada unha.

Contádenos o voso Día das Letras foi concibido co obxectivo de coñecer e difundir como celebraron o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de menor idade e premiar a súa implicación na divulgación da lingua e a cultura galegas. As experiencias desenvolvidas polo alumnado co apoio do profesorado que concorren nesta ocasión abranguen desde representacións teatrais e espazos informativos arredor da vida e a obra de María Victoria Moreno, a protagonista das Letras Galegas 2018, ata actividades de expresión plástica, musical e literaria. 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...