Información
Agenda de Galicia

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA CARREIRA 'VIII NIGRÁN AREA' POLA PRAIA O 11 DE AGOSTO

Información
Localidades de Galicia 10 Agosto 2018 2839 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor organizan o sábado 11 de agosto a oitava edición da Carreira 'Nigrán Area' que dará comezo as 10:00 horas desde a praia de Panxón e que discorre por este areal e Praia América aproveitando a marea baixa.

Os interesados en correr (federados ou non) poden inscribirse ata o 9 de agosto ás 22:00 horas na páxina da Federación Galega de Atletismo (https://www.carreirasgalegas.com ). A participación na carreira absoluta (6.000 metros) ten un custe de 6 € e está habilitada tamén para anotarse e facer o pago a oficina da Piscina Mancomunada da Ramallosa (o resto das categorías son gratis e, ademais da web, poden apuntarse na Oficina de Turismo de Praia América). O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo (a absoluta disporá, asimesmo de chips para o control de tempos).

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira). Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría, tanto feminina como masculina, e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín/Sub 12 ata Cadete/sub 16 e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns/Sub 10 ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

Haberá servizo de avituallamento o fin da carreira. Tamén haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón. A carreira contará cunha ambulancia dispoñible durante o evento.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...