Información
Agenda de Galicia

COMITÉ DE EMPRESA DE ATENTO CONVOCA UN NOVO PARO DE 24 HORAS HOXE, LUNS 20 DE AGOSTO

Información
Localidades de Galicia 20 Agosto 2018 1937 votos

 Continúan as mobilizacións no centro de traballo de Atento na Coruña. As preto de 600 traballadoras e traballadores da empresa de contact center (centros de atención de chamadas) están chamadas a unha nova xornada de folga, convocada por todas as forzas sindicais con presenza no comité de empresa.

 

As mobilizacións comezaron o pasado 28 de maio, manténdose ata o de agora -e indefinidamente- paros dunha hora por quenda de traballo todos os luns, agás o pasado luns 16 de xullo cando, como desta vez, o paro foi de 24 horas e tivo un seguemento de máis dun 90 por cento.

As e os traballadores de Atento vimos reivindicando dende entón o cese de despedimentos inxustificados (que a empresa non ten reparos en recoñecer como improcedentes) e doutros amparados no absentismo que, se ben son considerados obxectivos, non deixan de ser aberrantes por ser froito dun absentismo do que a propia empresa é responsable en grande medida: denunciamos as presións diarias que sofremos, os insoportábeis ritmos de traballo impostos, os exasperantes controis das nosas xornadas laborais, as constantes ameazas e os acosos que padecemos con tal de sacar adiante as chamadas dos clientes que atendemos; sen importar a calidade na atención e moito menos as nosas -cada vez máis- penosas condicións laborais. A iso hai que engadir as persistentes agresións de Atento no tocante a sancións noxentas e sen fundamento, o ter que aturar a imposición das vacacións e de obxectivos inalcanzábeis e nunca negociados (que logo a empresa usa para pretender xustificar novos despidos) e un sinfín de afrontas máis que non estamos dispostas a consentir.

É lamentable que o cliente principal para o que traballamos (Telefónica-Movistar) sexa consciente e cómplice desta situación. Son xa 20 os anos de explotación laboral que levamos aguantando, dende que abriron as portas do centro da rúa Juan Flórez.

Como queira que a empresa non dá mostras de tentar resolver o conflicto, todo apunta a que esta xornada non será a última de mobilizacións e loita. Polo momento seguerán as convocatorias de paros dunha hora por quenda os vindeiros luns. 



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi