Información
Agenda de Galicia

O privilexiado escenario do Parque Enrique Valdés Bermejo volve a acoller o domingo, 26 de agosto, o festival Folk no Alobre, organizado polo colectivo Pés de Barro e a Concellería de Cultura

Información
Localidades de Galicia 23 Agosto 2018 1690 Votos
O prado e os distintos recunchos do xardín botánico acollerán o intenso programa de actividades deseñado para o público familiar e que inclúen baile, obradoiros, concertos e mesmo un xantar típico romeiro.
22.08.2018.- Ademais de fomentar a cultura e o folclore galego, con este festival, Concello e asociación pretenden fomentar o uso desta fermosa contorna natural como lugar para a celebración de actividades lúdicas, culturais e de lecer, recuperar a tradición popular da romaría e a música galega, e dar a coñecer o patrimonio local. Para esto último está programada unha visita guiada ao xacemento arqueolóxico do Castro de Alobre, situado na mesma zona verde.

A segunda edición do Folk no Alobre desenvolverase durante toda a xornada do domingo, 26 de agosto, converténdose dun evento máis dos que contribúen a ampliar e estender a oferta lúdico e festiva de verán. As actividades comezarán a media mañá e rematarán ao filo da medianoite.

PROGRAMA:

11:00- VISITA GUIADA POLO CASTRO E PARQUE ENRIQUE VALDÉS BERMEJO.
No lugar do Montiño, a 34 metros de altura, mantéñense os restos dunha vila castrexa que posiblemente fora o xerme da futura poboación de Vilagarcía de Arousa. Ubícase ao carón do centro histórico, nas inmediacións do Pazo de Vista Alegre. Tratase dun castro costeiro e aínda que pareza algo distanciado do mar, a súa proximidade no seu tempo era case inmediata. Farase unha ruta dende o Pazo de Vista Alegre, pasando polo Castro, ata o Parque de Enrique Valdés Bermejo, para coñecer a súa importancia histórica e medioambiental.

12:00- OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS DE CANA.
Baixo o título de “Xoguetes vellos para tempos novos” e na época das baterías e o plástico, do mercar e tirar, este obradoiro propón a idea de recuperar, construír (e desfrutar) construíndo algún xoguete de “meter ruído” a base de materiais naturais, divertidos e respectuosos, coa xente e o medio ambiente.

14:00- XANTAR COA ANIMACIÓN DE CÉ ORQUESTRA PANTASMA →
Baixo a tupida arboreda do parque instalaranse mesas e bancos para que as familias poidan repoñer forzas cun almorzo ao máis estilo da romaría tradicional. Poden levar a súa propia comida da casa o comprar in situ os produtos que tamén se ofrecerán no punto de venta da festa.
O xantar estará amenizado coa música de Cé Orquestra Pantasma.


16:00 - OBRADOIRO DE DANZAS DO MUNDO.
Este obradoiro é para pasar un encontro ameno practicando pasos e danzas de diferentes partes do mundo, dándolle unha presenza especial aos bailes galegos, soltos e agarrados. Con esta actividade preténdese recuperar a cultura participativa do baile. Trátase dun obradoiro para todas e todos, isto é familias con fillos pequenos, adolescentes e tamén para os maiores da casa. As danzas serán explicadas e guiadas por unha mestra. Danzas tradicionais portuguesas, francesas, catalás, holandesas, xaponesas e moitos outros países do mundo, ademais de bailes xogos...


CONCERTOS (horarios aproximados):

18:00- Grupo tradicional - OS DEMOS DA PETACA:
Cuarteto de música tradicional con preto de vinte anos de traxectoria. Música do País achegada a raíz máis popular, as barras da tabernas, os adros das igrexas...

18:45- TRES PESOS:
Felisa segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais: Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... O proxecto nace ó longo do ano 2013 e sae a escena por primeira vez nas festas de San Pedro do ano 2014 en Santiago de Compostela. O seu primeiro traballo “Acta Fundacional” foi gravado nos estudios da Radio Galega Entre os meses de Xullo e Outubro do ano 2014 e concentra en 9 temas a esencia do que son os Tres Pesos. Música de raíz, música de hoxe.

20:00 – ARDENTÍA:
Grupo de música tradicional galega nacido en 1990 na cidade de Vigo. Ardentía destaca pola incorporación na súa música, e nos seus concertos, dunha serie de instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de música folk galega coma birimbau, clarinete ou requinta ademais dos cantos populares interpretados por homes. O grupo fixo a súa estrea co disco compartido “Para brincar no rueiro”, a carón de Beladona e Crema de Gaita, para logo comezar a súa andaina que, con dous discos editados, “Ardentía”, (Do Cumio, 1998), “Retellando”, (Do Cumio, consolidounos coma un grupo cunha traxectoria sólida nos últimos quince anos. Rumbas, xotas e muiñeiras recolleitas dos mestres gaiteiros da bisbarra de Vigo, sen esquecer os gaiteiros das montañas luguesas e as cantigas de Portugal, conforman o repertorio do grupo, onde tamén hai espazo para temas compostos polo grupo con influencias da tradición. Despois de sufrir varias mudanzas nos seus membros, na actualidade a formación de Ardentía son: Roberto Cendón, gaita e clarinete; Salvador Pérez, gaita e pandeireta; Cristóbal Pascual, tambor e zanfona; Luis Prego, acordeón, gaita e pandeira e mais Miguel A. González, bombo e percusión.

21:30- TANTO NOS TEN
As letras dos seus temas, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobres, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido. “Entre néboas” é o segundo disco da formación e nel segue a mestura de letras tradicionais e de composicións propias, na base da musica popular, rumbas, muiñeiras, pasodobres, xotas e foliadas, conforman este disco autoproducido. 14 composicións reinvindicadoras, da loita por unha sociedade máis xusta, e co galego coma nexo común de pais.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi