Información
Agenda de Galicia

O Concello oferta oito postos de venda de pinchos de marisco que se situarán na Carpa Institucional da Festa.

Información
Localidades de Galicia 01 Septiembre 2018 2105 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello oferta oito postos de venda de pinchos de marisco que se situarán na Carpa Institucional da Festa.

O Grove, 1 de setembro 2018. O Concello do Grove ven de abrir o prazo de presentación de ofertas para a concesión de postos de venda de petiscos na Festa do Marisco 2018. Dentro dos cambios administrativos realizados na Festa tanto no relativo á mellora das transparencia como en aplicación da nova Lei de contratos, o procedemento desta parte do evento tense variado abrindo un concurso aberto ao que poden acceder as empresas que cumpran os requisitos establecidos. A información completa deste procedemento atópase no perfil do contratante dentro da páxina web do Concello do Grove.

 

Aqueles interesados en participar poderán optar a un ou varios postos dos ofertados sendo requisitos imprescindible que os petiscos sexan elaborados con marisco local. A comisión encargada de xulgar as propostas valorará a proposta económica (expresada na porcentaxe de facturación que se aporta para o Concello do mesmo xeito que se fai na concesión dos outros postos da Festa) pero tamén contará con asesoramento para valorar a calidade e orixinalidade gastronómica da proposta. O prazo de presentación rematará 15 días naturais despois da publicación do procedemento (31 de agosto).

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...