Información
Agenda de Galicia

A Casa do Saber acollerá 9 das proxeccións programadas no marco da XL Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Información
Localidades de Galicia 04 Septiembre 2018 1054 Votos


De esquerda a dereita, Xiz, Carballo, Santos, Basadre, Valcárcel e Curiel, na presentación da XL Semana de Cine de Autor de Lugo

O auditorio da Casa do Saber do Campus Terra da USC acollerá do 10 ao 21 de setembro 9 das proxeccións cinematográficas programadas no marco da XL Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, un evento cultural arredor da sétima arte no marco do que se proxectarán na capital luguesa preto dun centenar de filmes de diversos xéneros e metraxes do 12 ao 21 de setembro.

 

 

A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo rende nesta cuadraxésima edición unha particular homenaxe María del Rosario Sanz Ruiz, coñecida como Rocío Durcal. Esta artista naceu en Lugo o 1 de marzo de 1927 e finou en México en 1993. No marco desta homenaxe procederase á presentación dun libro biográfico da actriz nunha sesión na que se agarda a presenza do seu fillo. De seguido, tamén se proxectará o filme protagonizado por Rocío Durcal ‘Las Leandras’.

 

O deputado provincial Álvaro Santos Ramos presentou este martes no lugés Pazo de San Marcos a XL Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, no marco dun acto no que tamén participaron a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, o presidente do  Grupo Cinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, o director da XXXIX Semana de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, e o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Ramón Carballo.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi