Información
Agenda de Galicia

Cultura celta e romana co VII Vicus Spacorum

Información
Localidades de Galicia 10 Septiembre 2018 1793 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu e eloxiou o traballo da organización do Vicus Spacorum e animou á cidadanía a achegarse a Navia e participar nas distintas propostas, pensadas para todos os públicos. Caballero estivo acompañado na presentación do coordinador, Rodrigo Vázquez, e da vicepresidenta da Asociación de Comerciantes do PAU de Navia, Alicia Estévez.


Celtas e romanos tomarán, unha vez máis, o Parque do PAU de Navia cun programa de actividades para todos os públicos. A gran novidade do evento terá lugar no Amphitheatrum o sábado desde as 19:00 horas. Será o I Gran Concurso Infantil Don Disfraz de caracterizacións, con mais de 1000 € en premios e sorteos. Complementarase con mostras de combate de época a cargo de Falcata Hema (Vigo). A noite do sábado péchase cunha queimada e un concerto en clave folk irlandés que fará que a xente se levante das súas alpacas de palla.

No terreo da recreación histórica destaca a presenza de catro asociacións procedentes de Arde Lucus (Lugo). Dous chegan en clave romana e dúas en clave celta que se unirán ao poboado "castrexo" produto da colaboración da SVCD Nautilius de San Andrés de Comesaña coa AVC Casco Vello.

A Garda Pretoriana de Lugo chega coa espectacular tenda do prefecto e son a gran novidade no Asentamento Romano que, como sempre, contará con múltiples iniciativas, talleres de época e a xa consolidada Schola FOANPAS (Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e comarca). A eles unirase unha nova exposición de parte da Escola de Restauración de Galicia. A zona celta reproducirá as vodas celtas e haberá variados talleres e diferentes propostas de xogos rústicos e castrexos. Nesta zona reproducirase un asalto ás tropas pretorianas por parte das tribos galaicas.

Nesta edición, a exhibición de Harpastum terá lugar o sábado en horario de tarde, entre a Garda Pretoriana e os Mercenarios Galaicos. O peche do evento, o domingo, virá da man da Asociación Miramvicus, protagonistas das visitas guiadas da Vila Romana de Toralla e que representarán unha ligazón matrimonial romano.

Haberá 5 bandas de gaitas percorrendo o recinto, desfiles da lexión romana con percusión e da garda pretoriana, etc. E como sempre unha gran oferta gastronómica. A organizacou convidou á xente a que caracterizarse e a que quede a comer no evento. Neste 2018 Vicus Spacorum espera confirmar e reforzar a boa crítica de pasadas edicións así como contentar a un número superior ao das 40.000 persoas

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...