Información
Agenda de Galicia

Luar na Lubre visitará en outubro Vilagarcía para presentar o seu último traballo discográfico que leva por título “Ribeira Sacra

Información
Localidades de Galicia 10 Septiembre 2018 1156 votos

banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense). “Ribeira Sacra” ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.


Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”. Para o músico, este territorio “é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non o sexa, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”. Por iso, o traballo discográfico recolle nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido, ademais de textos en barrallete, a linguaxe dos afiadores.

“Ribeira Sacra• conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazode Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.

Luar Na Lubre
Luar Na Lubre foi premiada en numerosas ocasións con recoñecementos tanto a nivel galego e local, como a nivel estatal, con nove Premios da Música concedidos pola "Academia de las Artes y de la Música" ou cos dous discos de ouro por dous dos seus traballos ao superar as 50.000 copias vendidas en cada un de eles. O primeiro deses discos (Plenilunio) foi entregado por Mike Oldfield na súa casa de Londres, e alí foi onde o músico británico versionou "O Son Do Ar" retitulándoo como "The song of the sun" e incluíndoo como track número 1 do seu álbum ‘Voyager’ no ano 1996.Este momento foi transcendental para a historia da banda, xa que abriu a posibilidade de que a súa música fose coñecida por un público máis amplo.

Luar Na Lubre son:
Bieito Romero (gaitas, acordeón e zanfona)
Irma Macías (voz)
Antía Ameixeiras (violín)
Patxi Bermúdez (Bodhran, tambor, djembé)
Pedro Valero (guitarra acústica)
Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos)
Xan Cerqueiro (frautas)
Brais Maceiras (acordeón)



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi