Información
Agenda de Galicia

Arrinca en Carballo a 30ª campaña deportiva da AD.Fogar

Información
Localidades de Galicia 10 Septiembre 2018 1262 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Hoxe arrinca en Carballo a 30ª campaña deportiva da AD.Fogar

A AD.Fogar arrinca hoxe na Picina Municipal Carballo Calero a súa trixésima tempada avalada por 325 socios e 375 deportistas que son os que conforman a día de hoxe esta entidade socio-deportiva sen ánimo de lucro fundada o 10 de outubro de 1988. Unha entidade dedicada á formación de base e a práctica competitiva da Natación e o Tríatlon en todas as súas modalidades e categorías, que esta tempada chega aos trinta anos de experiencia en Carballo e os vinte en Oleiros.

O noso proxecto social e deportivo fundaméntase principalmente no esforzo alturista dunha directiva composta por 7 persoas, a profesionalidade de 8 técnicos titulados e por suposto a paixón e a entrega das xeracións e xeracións de deportistas que pasaron polo club ao longo de todos estes anos. E aínda que nos resulte imposible facer mención á totalidade dos logros conseguidos por todos eles, debemos polo menos deixar constancia do importante legado de medallas conseguidas en campionatos nacionais, rexionais e provinciais, das convocatorias internacionais de seleccións e dos bolseiros en centros de tecnificación e adestramento que serviron de inspiración e exemplo doutros moitos. Se queres formar parte do noso proxecto non o dubides, contacta connosco.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...