Información
Agenda de Galicia

O SLG denunciará con unha campaña o abandono da Xunta (PPdeG) diante dos ataques da fauna salvaxe

Información
Localidades de Galicia 11 Septiembre 2018 1478 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Visita a granxas afectadas por ataques na Estrada

O Sindicato Labrego Galego convoca para HOXE, martes 11 de setembro, aos medios de comunicación para presentar unha campaña de denuncia contra o abandono de funcións da Xunta de Galicia diante dos ataques da fauna salvaxe sobre as granxas, que se está a converter nun problema estrutural que causa perdas millonarias aos nosos sectores agrogandeiros.

 

Para mellor ilustrar esta problemática, visitaremos dúas granxas recentemente atacadas polo xabaril nas parroquias de Codeseda e Santeles que viron destruída unha parte importante dos seus cultivos de millo. Alí, poderemos falar coas familias afectadas e escoitar a súa testemuña.

De cara a coordinarnos, establecemos como punto de partida os aparcadoiros da sede da Oficina Agraria Comarcal e dos Servizos Veterinarios da Estrada (edificio da antiga Fundación Comarcal da Estrada, na estrada PO-841, en Toedo), e como hora de saída as 11:00. Pregamos puntualidade.

DATA

HORA

LUGAR

TEMA

FALARÁN

Martes

11

setembro

11:00

Aparcadoiros da Oficina Agraria Comarcal

PO-841, Toedo

Campaña de denuncia contra os ataques da fauna salvaxe e o abandono da Xunta

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...