Información
Agenda de Galicia

Un cento de reses, inscritas xa no XXX Certame de Gando Vacún de Pedrafita

Información
Localidades de Galicia 13 Septiembre 2018 211 Votos

Un cento de reses, inscritas xa no XXX Certame de Gando Vacún de Pedrafita, co que colabora a Deputación IMG01

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, presentaron este xoves unha nova edición do tradicional Certame-Exposición de Gando Vacún, que se celebrará o domingo 16 de setembro, nesta localidade da Montaña Lucense. O Goberno da Deputación e o Concello promoven conxuntamente esta iniciativa de impulso do sector gandeiro e do rural con 9.000 euros.

Prevese a participación dun cento de ganderías das provincias de Lugo e de León, que exporán as súas reses. Haberá unha poxa de xovencas e xatas preñadas cuxos prezos oscilan entre os 1.200 e 2.000 euros. Como en anteriores edicións, agárdase a presenza dunha media de 2.000 persoas na vila.

Campos Conde subliñou que “este Certame é unha cita consolidada na Montaña Lucense, pois este ano chega á súa 30ª edición, reunindo de media a unhas 2.000 persoas. Estas cifras dan boa conta da importancia da cita para esta comarca e para o conxunto da provincia, pois supón un revulsivo económico polo elevado volume de transaccións que se rexistran cada ano, e pola cantidade de visitantes procedentes de Galicia ou León, que aumentan o consumo nos negocios locais”.

O presidente da Deputación engadiu que “dende o Goberno da Deputación cremos na necesidade de reforzar a actividade agrogandeira e o rural. Consideramos que é preciso poñer en valor a potencialidade que o campo e o gando aínda teñen, como un dos piares da economía da nosa provincia. É por iso que apostamos por iniciativas como esta que contribúen a dinamizar a economía a través do sector primario”.

Ganderías e inscrición

No concurso participarán reses de ganderías procedentes da provincia de León e dos Concellos de Pedrafita, Folgoso do Caurel, A Fonsagrada, O Corgo e Cervantes. Reses, tanto de raza Rubia Galega, como Asturiana, poderán tomar parte no certame, no que se valorará a conformación morfolóxica e o potencial de carne e reprodución dos animais.

A inscrición de animais pode facerse ata o día 14 de setembro por teléfono ou no mesmo día do certame ata a primeira hora da mañá. Cómpre subliñar que o Concello ofrecerá aos gandeiros unha axuda de 20 euros por animal inscrito, para sufragar os gastos de transporte.

Ademais de axudas, premios

A maiores das axudas para o transporte das cabezas, o Concello destinará 3.130 euros para os premios, que serán entregados, xunto cos correspondentes trofeos, aos propietarios dos animais vencedores nas diferentes categorías do concurso. Haberá premios aos mellores touros, vacas, xatos e xatas, cunha categoría especial para os exemplares destinados á produción cárnica, así como ao mellor lote de Rubia Galega, ao de raza Asturiana e para a gandeiría que máis animais presente.

Poxa de animais de ACRUGA

Un dos grandes atractivos da xornada será a poxa de xovencas e xatas preñadas, inscritas no Libro Xenealóxico da Raza Rubia Galega, que presentará ACRUGA. Cada transacción oscila entre os 1.200 ata 2.000 euros por exemplar, posto que estes animais caracterízanse por posuír unha alta calidade xenética e reprodutiva.

Programa

09:00 horas. Recollida de credenciais no recinto feiral.

10:30 horas. Votación do xurado.

11:30 horas. Pasarrúas amenizado pola Charanga DGT.

12:00 horas. Subasta de becerras e novillas preñadas inscritas no libro xenealóxico da raza Rubia Galega.

12:30 horas. Actuación do grupo cultural Xistra de Pedrafita do Cebreiro.

14:00 horas. Entrega de premios na praza do Concello.

15:00 horas. Comida oficial.

16:00 horas. Actuación da Charanga DGT.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi