Información
Agenda de Galicia

Os pensionistas e xubilados de Valdeorras realizarán CONCENTRACIÓNS tódolos luns contra o Goberno de Feijóo na Xunta de Galicia

Información
Localidades de Galicia 06 Octubre 2018 165 votos

CCOO, XUNTO CO COLECTIVO DE PENSIONISTAS DE VALDEORRAS, CONVOCAN MOBILIZACIÓNS EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS NO BARCO DE VALDEORRAS

A Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras xunto co Colectivo de Pensionistas de Valdeorras, veñen de convocar mobilizacións en defensa dunhas pensións dignas e do sistema público de pensións.

Os pensionistas e xubilados de Valdeorras realizarán CONCENTRACIÓNS tódolos luns do mes de outubro ás 12:00h. na praza do concello de O Barco

 

Dentro da campaña de mobilizacións en defensa dunhas pensións dignas e do sistema público de pensións, CCOO e o Colectivo de Pensionistas de Valdeorras, veñen de convocar concentracións na Praza do Concello de O Barco de Valdeorras tódolos luns do mes de outubro ás 12:00 h.

Estas concentracións empezan este próximo luns 8 de outubro baixo o lema  en defensa do “Sistema público de pensións, hoxe, mañá e sempre” e por unhas pensións dignas.

Os convocantes chaman a participar a toda a cidadanía da comarca de Valdeorras nestas mobilizacións xa que, o que está en xogo é a viabilidade do sistema público de pensións, pois o compromiso de actualización das pensión conforme ao IPC, acadado no Pacto de Toledo, non é bastante, é imprescindible lograr o equilibrio financieiro do sistema, de tal xeito que se garantan unhas pensións públicas dignas, hoxe e no futuro. Facemos un chamamento especial á xuventude que é o colectivo que se vai ver mais afectado do xeito  en que se sosteña o actual sistema público de pensións.

CCOO considera que é urxente abordar a evolución demográfica e a chegada de moitisimas persoas á xubilación á que teñen dereito. Son precisos acordos que reforcen a estrutura de ingresos, con mais ingresos por cotizacións e con mais aportacións do estado.

CCOO entendemos que coas medidas anunciadas sobre incrementos nas pensións mínimas, viuvez e actualización das percepcións conforme ao IPC, amósase que a presión e mobilización social, sempre da os seu froitos. Por isto, animamos a continuar nas rúas as protestas ata conseguir que as persoas estean por riba dos intereses economicistas

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi