Información
Agenda de Galicia

“Cinco mulleres que comen tortilla” obra estreada con gran éxito en Chicago e Broadway

Información
Localidades de Galicia 17 Octubre 2018 603 votos

“Cinco mulleres que comen tortilla” é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena totalmente inmersiva. Un búnker esmeradamente decorado no que se integra ao público desde que entra pola porta, asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das irmás, unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas da Susan B. Anthony.

Sinopse

A Sociedade Susan B. Anthony, das Irmás de Gertrude Stein, celebra o seu tradicional Concurso Anual de Tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo: o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.



A liberdade, a relixión, o feminismo, as moralidades e o medo ao descoñecido son os motores desta exitosa comedia internacional que foi estreada en Chicago antes de formar parte do New York Fringe, converténdose nun éxito absoluto do Off-Broadway e atrapando a milleiros de espectadores de Estados Unidos dende entón. Son moitos os países que acolleron a esta irmandade, acadando enorme éxito en Reino Unido, Australia e, en España, coa versión en castelán. Agora poderémola gozar, tamén en galego.

Compra de entradas e gratuidade

A entrada xeral custa 5 euros e pódese adquirir anticipadamente (máis custes de xestión) en http://www.ticketeca.com e no teléfono 902044226. Tamén estarán á venta o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas. O acceso será de balde para parados, estudantes e maiores de 65 anos que acrediten a súa condición no control de entrada do Auditorio mediante a presentación da tarxeta desemprego, carné xoven e DNI, respectivamente.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi