Información
Agenda de Galicia

Comeza a 23ª edición do Festival de Cine OUFF

Información
Localidades de Galicia 17 Octubre 2018 823 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • Manuel Baltar e a presidenta da fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, asinaron hoxe o protocolo de colaboración para a organización deste evento audiovisual, que terá a Miguel Anxo Fernández como coordinador artístico e a Aurelio Gómez Villar como coordinador técnico.
  •  
  • Celebrarase do 29 de novembro ao 5 de decembro, froito da cooperación entre a institución provincial, o Concello de Ourense –que cede a marca do certame- e a Xunta de Galicia –que colabora economicamente-.
  •  
  • "Desde a Deputación de Ourense darémoslle todo o apoio necesario ao Festival para que sexa o referente do audiovisual de Galicia, co obxectivo de que a provincia de Ourense siga a liderar a histórica tradición que ten no mundo do cine", afirma Manuel Baltar.
  •  
  • No acto presentouse tamén o logotipo do Festival e Baltar avanzou que o vindeiro venres a Xunta de Goberno da Deputación aprobará as bases da sección oficial e do concurso de curtas. Os espazos de exhibición serán o centro cultural "Marcos Valcárcel", o Teatro Principal, o Auditorio de Ourense, o Liceo e a sala do Cineclube "Padre Feijoo".

Ourense, 16 de outubro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, asinaron hoxe o protocolo de colaboración para a organización da 23ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF), que se celebrará do 29 de novembro ao 5 de decembro e que terá a Miguel Anxo Fernández, vicepresidente da fundación "Carlos Velo", como coordinador artístico, e ao asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, como coordinador técnico.

No acto presentouse tamén o logotipo do Festival e Manuel Baltar avanzou que o vindeiro venres a Xunta de Goberno da Deputación aprobará as bases da sección oficial e do concurso de curtas. Os filmes exhibiranse no centro cultural "Marcos Valcárcel", no Teatro Principal, no Auditorio de Ourense, no Liceo e na sala do Cineclube "Padre Feijoo".

Esta nova edición do Festival de Ourense, que comeza a súa andaina da man da Deputación de Ourense, é froito da cooperación entre a institución provincial, o Concello de Ourense –que cede a marca do certame- e a Xunta de Galicia –que colabora economicamente-, destacou o presidente do goberno provincial, agradecendo ás dúas institucións "a súa implicación na iniciativa audiovisual máis importante da nosa provincia", e remarcou que desde a Deputación de Ourense "darémoslle todo o apoio necesario ao Festival para que sexa o referente do audiovisual de Galicia, co obxectivo de que a provincia de Ourense siga a liderar a histórica tradición que ten no mundo do cine", afirmou Manuel Baltar.

Baltar expresou que desde o minuto 1 a Deputación de Ourense "se puxo a disposición do concello para poder organizar o Festival", e tivo tamén palabras de agradecemento para a fundación "Carlos Velo", "implicada ao máximo con este proxecto, o que permitirá levar ao Festival máis aló dos días de celebración do evento, para que teña continuidade e presenza non só na capital ourensá senón tamén noutros concellos da provincia", citando a Carlos Velo, Xosé Suárez, Antonio Román, Isaac Fraga, Suevia Films, Chano Piñeiro ou Rodrigo Cortés, como algúns dos nomes e entidades "que fixeron e seguen facendo grande o cinema da nosa provincia co seu traballo".

Un Festival de Ourense que terá como traza de identidade a máxima interactividade co público e que pretende "ser un punto de encontro e colaboración do audiovisual da provincia de Ourense", destacou Miguel Anxo Fernández, quen cualificou como "edición de emerxencia" a convocatoria deste ano, pero, engadiu, "sacarémola adiante en tempo récord polo ben do noso cinema e para seguir mantendo un dos festivais de cine máis antigos de Galicia", subliñando como unha das singularidades do Festival de Ourense "a súa implicación e vinculación con México".

O equipo do Festival

O equipo humano que integra a edición deste ano está formado por: Miguel Anxo Fernández, coordinador artístico; Aurelio Gómez Villar, coordinador técnico; Xosé Manuel Rodríguez, xornalista e durante anos xerente das Xociviga do Carballiño; Xosé Enrique Acuña, documentalista fotográfico; Antonio Piñeiro, xornalista e vinculado ao CeMAC; Chema Paz Gago, catedrático de Comunicación Audiovisual da UDC, e Laura Gardós Velo, presidenta honoraria da fundación "Carlos Velo", cineasta e guionista. Asimesmo, participan César Silva, xornalista vinculado historicamente ao Festival; Eduardo Galán, crítico cinematográfico; Paulino Pérez, profesor de Comunicación Audiovisual na Uvigo e coordinador do CeMAC; Miguel Grandío, graduado en Comunicación Audiovisual e coordinador do certame de curtas; Aldara Pagán, graduada en Comunicación Audiovisual; Suso Obenza, deseñador gráfico e autor do cartel e da imaxe gráfica do Festival, e por parte do "OUFF Escola", Ani Cacabelos.

O presidente do goberno provincial destacou que a Deputación de Ourense "asume este compromiso segura de que o futuro do festival está garantido, cun renovado impulso e organización", na mesma liña que Carmen Leyte, quen afirmou que para a fundación "Carlos Velo" "supón unha honra colaborar na organización do Festival de Ourense para que siga co seu longo percorrido".

Neste sentido, o protocolo asinado hoxe entre a Deputación de Ourense e a fundación "Carlos Velo" recolle que a institución provincial asumirá con cargo aos seus orzamentos os gastos de organización, e adscribirá, nas datas, horario e para as funcións que se determinen no seu momento, persoal propio, para a realización de tarefas necesarias para a organización do OUFF 2018, ademais de pór a disposición do Festival os espazos da súa titularidade: Teatro Principal e centro cultural "Marcos Valcárcel", nas datas e horario que se determinen.

Pola súa banda, a fundación asume a dirección, coordinación e execución da parte artística do festival de cine, incluídas as actividades culturais complementarias; a selección e visionado das películas, tanto as da sección oficial, como as dos ciclos paralelos; e a organización e gastos da exposición "O retrato maior do noso cine", de Xulio Gil, dentro das actividades complementarias do Festival.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...