Información
Agenda de Galicia

O CONCELLO DE NIGRÁN E PRADO SURF ÚNENSE Á XORNADA

Información
Localidades de Galicia 18 Octubre 2018 607 votos

O Concello de Nigrán súmase por segundo ano consecutivo, e nesta ocasión con Prado Surf, á oitava xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Así, a praia de Patos formará parte este sábado da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá.

 

Tódalas persoas que o desexen ser participar como voluntarias deben inscribirse no mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. aportando nome e teléfono de contacto ou directamente na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9.00 a 14.00 horas (986365000). A duración estimada é de dúas horas e comezará ás 11:00 (punto de encontro local de Prado Surf en Patos) .

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema. Tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, son exemplos de restos de orixe plástico que alén do seu impacto visual supoñen un perigo para a fauna e a flora mariña e mesmo representarían, pola súa transferencia trófica, un risco para os seres humanos.

O Concello de Nigrán, como xa ven facendo co 'Proxecto Ríos' de Adega, quere concienciar tamén sobre a importancia dos valores da nosa costa, a problemática da contaminación mariña e das algas invasoras ou a alteración do ecosistema, así como promover as medidas que cada cidadán pode levar a cabo para minimizar estes impactos.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi