Información
Agenda de Galicia

250 gaiteiros reúnense este domingo na IX Foliada Solidaria na Baldosa

Información
Localidades de Galicia 20 Octubre 2018 422 votos
Por novena vez, a céntrica rúa da Baldosa volverá a ser escenario este domingo, día 21, da Foliada Solidaria que reunirá a máis de douscentos cincuenta gaiteiros e cuxa recadación, a través da venda de menús solidarios e os donativos, será destinada integramente a Cruz Vermella de Vilagarcía. Os tickets ya poden ser adquiridos na Gastrotaberna Churruca e no Cafe-Bar Villagarcía. O evento, que contará con dous escenarios, comezará ás 12,00 horas.
19.10.2018.- Como vén sendo habitual, a Foliada tamén servirá de xustificación para homenaxear a un gaiteiro ou a un grupo que se teña destacado pola súa traxectoria. Nesta ocasión, a recoñecemento será para o grupo Os Encantiños do Umia, de Godos (Caldas de Reis), que leva décadas animando as máis diversas festas e é xa un referente na música tradicional. Pola súa banda, o destino do diñeiro recadado será o programa de acompañamento ás familias na busca de emprego, segundo explicou a representante local da ONG, Marián Vélez.

Marcos Ramos, Roque López e Diego Rubianes, organizadores da Foliada detallaron os pormenores da evento. Xoán de Vilaxoán será o pregoeiro e Dani Barreiro e Alfonso Eyre animarán o almorzo. O menú, cun coste de 7 euros, inclúe laconada, showcooking de filloas flambeadas, café, pan e queimada. “É o menú máis galego de todos cantos fixemos estes anos”, dixo Ramos –coordinador xeral- na presentación, ao que Roque López, da Gastrotaberna Churruca, engadiu un agradecemento expreso e público a todas as empresas que colaboraron desinteresadamente coa doazón de todos os produtos que se van elaborar o domingo.
Por último, Diego Rubianes, responsable da parte musical, indicou que esperan superar os 250 músicos participantes en pasadas edicións. De feito, dixo, chegaron solicitudes dende Santiago, Pontevedra e outros puntos de Galicia, ademais da comarca. Rubianes tamén indicou que están en contacto cos familiares de dous dos históricos compoñentes de Encantiños xa falecidos para visibilizar neles a homenaxe a este grupo pioneiro.

No acto de presentación da IX Foliada Solidaria, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, subliñou o apoio do Concello a esta iniciativa, felicitou os organizadores por manter viva esta festa que xa está convertendo en tradición, agradeceu a colaboración de todas as empresas donantes e animou a todos e todas a saír a rúa esta fin de semana na que coincidirán Foliada e Festival de Curtas.

No caso, bastante improbable, de chuvia, a Foliada trasladaríase ao domingo 4 de novembro, para non coincidir na vindeira fin de semana coa Romaría de San Simón.


Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi