Información
Agenda de Galicia

Os montes de Caldas de Reis, Portas e Barro acollen a última DepoRuta BTT 2018 da Deputación, coas 300 prazas esgotadas

Información
Localidades de Galicia 21 Octubre 2018 369 votos

Ten lugar polos montes de Caldas de Reis, Portas e Barro a terceira e última DepoRuta BTT deste ano impulsada pola Deputación de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno provincial, por segundo ano consecutivo, dentro do Plan estratéxico do deporte e co obxectivo de apostar polo deporte activo e de fomentar, ao mesmo tempo, a riqueza natural, ecolóxica e patrimonial da provincia.

 

A ruta pola comarca de Caldas será a terceira desta tempada, despois das realizadas en Sabucedo, o 17 de xuño, e polos montes de Vigo, o pasado 30 de setembro. Ao igual que nas anteriores, a DepoRuta BTT por Caldas de Reis, Barro e Portas disputarase coas 300 prazas dispoñibles esgotadas, o que confirma a gran acollida este ano desta iniciativa, ao igual que xa sucedera tamén o ano pasado.

DepoRuta BTT polos montes da comarca de Caldas será de dificultade media, duns 32 quilómetros e de percorrido circular, sendo a saída e a chegada na Carballeira de Caldas de Reis. O percorrido discorre desde a Carballeira cara a fervenza de Segade, despois diríxese ao cemiterio municipal, e desde ese punto, por camiños forestais chegarase ata as fervenzas do río Barosa no concello de Barro.

A partir de aí, o percorrido pasará polo municipio de Portas para logo regresar a Caldas de Reis pola avenida de Dona Urraca, onde se collerá a rúa Somonte e se atravesará a estrada nacional na rotonda da zona de Arcos da Condesa, regresando máis adiante á Carballeira por parte do percorrido realizado anteriormente.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi