Información
Agenda de Galicia

Europea Atlantic Stakeholder reúne hoxe e mañá no Auditorio Mar de Vigo a líderes políticos, empresas, institucións académicas e investidores de todo o litoral Atlántico

Información
Localidades de Galicia 24 Octubre 2018 375 votos

A 5ª Conferencia Anual da Plataforma Europea de partes interesadas no Atlántico ( ASPC2018) reúne hoxe e mañá no auditorio Mar de Vigo a líderes políticos, agrupacións marítimas, empresas, institucións académicas e investidores de todo o litoral atlántico cun obxectivo común: compartir accións que impulsen o emprego no ámbito marítimo sempre coa sustentabilidade por bandeira.



"Desde que en 2011 todos os axentes do Atlántico nos unimos na estratexia común da economía azul, a nosa vocación céntrase en facer economía desde unha mirada sustentable", destacou Abel Caballero na inauguración oficial do evento. "Os países da área Atlántica temos que unir esforzos e traballar de xeito conxunto coa Unión Europea", engadiu o rexedor, á vez que agradeceu aos organizadores a elección de Vigo, "unha cidade que sempre viviu do mar", para celebrar este encontro.
Durante estes dous días, haberá sesións plenarias e talleres que se centrarán en como emprender unha carreira marítima no século XXI, como adquirir as destrezas necesarias e como abrazar a innovación sen poñer en risco os postos de traballo. O evento tamén permitirá establecer redes "business to business" para axudar a empresarios e provedores de servizos marítimos a innovar e a crecer a nivel internacional e, ademais, entregaranse os III Premios para proxectos do Atlántico.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi