Información
Agenda de Galicia

XVI Castañazo Rock de Chantada, que conta con 13 concertos

Información
Localidades de Galicia 25 Octubre 2018 330 votos
Presentación Castañazo Rock 2018
Os grupos que actuarán nesta XVI edición son, o venres 2, Talco, Descato, LDS, Mafalda, Rebelión do Inframundo, La Otra, e o sábado 3, Boikot, Zoo, Dakidarria, Smoking Souls, Raiba e Mekanika

García Porto subliñou que “este festival é unha oportunidade para descubrir toda a riqueza do patrimonio que posúe a comarca de Chantada, a través das diversas ofertas turísticas das que dispón a zona”

Na xornada do sábado haberá Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús, e o evento rematará cun Magosto ás 20:00 horas no recinto do festival

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este mércores na Casa da Cultura de Chantada a XVI edición do Castañazo Rock, que organiza a Asociación Cultural O Castañazo. No acto, estivo acompañada polo presidente deste colectivo, Ibán Gómez Vázquez, e do Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez Carballo. O festival, que conta cun investimento da Deputación de 6.000 euros, terá lugar no mercado gandeiro da localidade os días 2 e 3 de novembro. 

García Porto sinalou que “con este evento contribuímos a dinamizar económica e socialmente o Concello de Chantada, así como a propia comarca, pois é un evento que ano a ano move a centos de persoas. Música, gastronomía e tradición son os 3 eixos fundamentais deste cita, totalmente consolidada na nosa provincia. Trátase ademais dun bo momento para desfrutar da riqueza turística e descubrir todas as potencialidades do sur da provincia”. 

O prezo das entradas para un día é de 20 euros en venta anticipada e o bono para os dous días é de 32 euros. Os billetes pódense adquirir en www.castanhazo.com. A Asociación O Castañazo habilitará autobuses para as persoas que asistan ao festival. Para os visitantes que desexen quedarse de acampada gratuíta en Chantada, a organización pon á súa disposición, os pavillóns do IES Val do Asma, o CEIP Eloisa Ribadulla, o IES Lamas das Quendas e o CEIP Xoan Requeixo.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi