Información
Agenda de Galicia

250 inscritos no II Trail das Bestas de Muras

Información
Localidades de Galicia 01 Noviembre 2018 820 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Presentaron este mércores no Concello de Muras o II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

 

Rivera Capón remarcou que “esta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume. Trátase dun entorno natural único que se pon en valor a través de probas que gozan de grande interese para os deportistas, o que axuda a promover a riqueza medioambiental e patrimonial da que dispomos. De feito, xa son 250 os participantes inscritos de toda Galicia”.

Percorrido e inscricións


O II Trail das Bestas de Muras arranca o vindeiro 5 de novembro. Hai 4 probas deportivas, o maratón de 43 km, con saída as 08:30 horas, e o dúas modalidades de Trail, unha de 26 quilómetros e outra de 14 quilómetros, e unha andaina doutros 14 km. Todas elas con saída ás 09:30 horas, dende a Área Recreativa da Veiga, o percorrido será circular con saída e meta nesta mesma Área.O circuíto estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces. As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras; senior masculino ou feminino dende os 18 ata os 45 anos, e veterán ou veterana a partir dos 46 anos. A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano.
As inscricións realízanse na páxina https://tracktherace.com/. A inscrición inclúe; seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos, (sólidos e líquidos), camisola oficial da proba

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...