Información
Agenda de Galicia

Reunión da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas en Barcelona

Información
Localidades de Galicia 03 Diciembre 2018 200 votos

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas reuniuse esta fin de semana en Barcelona para avanzar na creación do Consello Xeral de Colexios de Xornalistas. Os nove colexios que forman parte da Rede expuxeron os principais retos, prioridades e liñas de traballo de cada un, coa intención de acordar obxectivos e actuacións comúns.

 

O encontro serviu para avaliar os primeiros meses de funcionamento da Rede, constituída formalmente en xuño deste ano. Todos coincidiron no valor que achegou este espazo colaborativo que permitiu compartir ideas e servizos en favor da profesión e a defensa dos valores do xornalismo, así como a unidade de acción coa que se traballou.

Parte da xornada dedicouse a debater como debe ser a transformación da Rede en Consello Xeral e as xestións para realizar para levala a cabo. A Rede de Colexios empezou a traballar nun borrador de Estatutos do Consello Xeral.  Os Colexios expresan a súa confianza en que todos os partidos con representación parlamentaria apoien a proposición de lei para a creación do Consello que recentemente se presentou no Congresos dos Deputados.

Tamén se dedicou unha sesión para tratar sobre a precariedade laboral do sector, a non gobernamentalización dos medios públicos e a igualdade de xénero nos medios de comunicación. Sobre este debate inicial abriuse un período de traballo que culminará cun posicionamento conxunto sobre cada unha destas materias.

O presidente do  Consell de laInformació de Catalunya, Roger Jiménez, participou na Xornada expoñendo a tarefa que realiza este órgano de arbitraxe, creado en 1997, que vela polo cumprimento do código deontolóxico do Col·legi de  Periodistes de Catalunya.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018, representa a máis de 7.000 colexiados e colexiadas e está formada polos colexios de Andalucía, Asturias, Cataluña, Castela e León, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e o País Vasco.

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
http://www.xornalistas.com/">www.xornalistas.gal
Tel. 981 93 56 70
Fax 981 93 56 69

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....