Información
Agenda de Galicia

12 dos nosos nadadores acoden ao Campionato Galego Absoluto

Información
Localidades de Galicia 27 Diciembre 2018 438 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
12 dos nosos nadadores acoden ao Campionato Galego Absoluto

Desde mañá, venres día 28 de decembro de 2018 e ata o vindeiro domingo día 30, doce nadadores e nadadoras da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Absoluto Open de Inverno que se disputa sobre 25 metros e 8 rúas na Piscina Municipal de Santa Isabel en Santiago de Compostela. O torneo autonómico contará coa presenza de 31 equipos e o concurso de 349 nadadores e nadadoras, dos que 193 son homes e 156 son mulleres.

En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 12 deportistas, Elisa Pichel e Nana Suárez en categoría feminina e Carlos Iglesias, Manuel Viaño, Pablo Balsa, Xoan Toja, Manuel Verdes, Pablo Negreira, Ángel Tomé, Pedro Fraga, Alejandro Méndez e Miguel Abelenda na masculina; entre os que nadarán un total de 36 probas a título individual e as 5 remudas por equipos na categoría masculina. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Absoluto Open de Inverno podedes atopala na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748; ademais achéganse a esta noticia a nosa convocatoria, e as listaxes de saídas do campionato.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...