Información
Agenda de Galicia

A TEMPADA DE PESCA FLUVIAL GALEGA DE 2019 COMEZA O VINDEIRO 17 DE MARZO E REMATARÁ O 31 DE XULLO

Información
Localidades de Galicia 06 Febrero 2019 223 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde na que se definen as normas para a pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma para a vindeira tempada

  • A pesca do salmón iníciase o 1 de maio e remata o 31 de xullo, pero o remate da temporada poderá adiantarse en función das cotas de captura

     

  • A pesca do reo iniciase o 1 de maio e remata o 31 de xullo, prolongándose en diferentes coutos ata setembro, mentres que a captura da troita comeza o 17 de marzo ata o 31 de xullo, agás nos coutos conveniados, nos que se prolongará ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte

  • Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos e, como en tempadas anteriores, os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte

  • A pesca do reo

    A tempada hábil en xeral comeza o 1 de maio e remata o 31 de xullo. A tempada prorrógase nas seguintes masas de auga:

    - Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), e Xuvia: a tempada rematará o 30 de setembro.

    - Couto de Lambre: prorrógase ata o 15 de setembro.

    - Nos coutos Pontevea, Ximonde, Santeles e Sinde entre o 1 de agosto e o 30 de setembro só se permitirá a modalidade de pesca sen morte. No caso de Ponte Arnelas, o período de pesca sen morte vai do 1 ao 30 de setembro.

    Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmos que no caso do salmón ao que se suma o risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, e nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais agás os autorizados para a pesca do salmón nos seus coutos.

    Captura da troita

    Para esta especie a tempada comezará o 17 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña non empezará a tempada ata o 1 de maio.

    Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 6 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.

    Outras especies

    A pesca sobre especies exóticas invasoras axustarase ao establecido no Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, modificado por sentenza do Tribunal Supremo do 16 de marzo de 2016. Na normativa que publica hoxe o DOG tamén se aclaran as condicións da captura dos ciprínidos, que manteñen o mesmo réxime que o da anterior tempada.

    Xornadas hábiles

    Tal e como se recolle na normativa, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves non festivos da tempada hábil só se poderá pescar na modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto 18 de abril (Xoves Santo) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas), que será hábil segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.

    En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas na páxina web de Meteogalicia.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...